
O Consello Evanxélico de Galicia (CEG) celebrou a reunión de Asemblea Anual este ano, no local da Igrexa de Asembleas de Irmáns na Ramallosa, no Concello de Teo, integrado na Comarca de Santiago. A asemblea tivo lugar o pasado sábado, 8 de marzo de 2025.
O desenvolvemento da asemblea axustouse ao establecido previamente na orde do día. En relación aos puntos a debater, destácase a elección de novos cargos e a proposta sobre desenvolver en Galicia o proxecto de España Oramos por ti 2025/Galicia Oramos por ti 2025.
Na elección de novos cargos, accede á presidencia do Consello Evanxélico de Galicia, por un período de dous anos Miguel Zapata Alcayde, pastor e representante denominacional das Igrexas Evanxélicas de Deus Pentecostales. O presidente do CEG, deberá ser membro da Xunta do CEG e contar como mínimo cun ano de antigüidade nesta, non poderá repetir mandato de maneira consecutiva debendo asumir a quenda da presidencia o seguinte membro segundo a orde de rotación establecida nos Estatutos do CEG.
Pola súa banda, o presidente saínte, Antonio Pazos Couto, quen continuará na Xunta do CEG como representante denominacional das Igrexas Evanxélicas de Corpo de Cristo, salientou na súa intervención, “a proposta de que o proxecto España Oramos por ti, Galicia Oramos por ti, forme parte da axenda do Consello Evanxélico de Galicia como un dos proxectos permanentes no que poidamos celebrar un día do Evanxeo”.

Por outra banda, o secretario executivo saínte, Germán Collazo Fernández, sinalou na súa despedida “o agradecemento polo apoio recibido durante o seu mandato”. Germán Collazo, quen desenvolveu a súa responsabilidade durante 10 años recibiu numerosas mostras de parabéns pola labor desenvolvida. Destacar, que será substituido no cargo de secretario executivo por Enrique Iglesias Campelo, economista e mestre de profesión.
Como novos representantes das diferentes denominacións de Igrexas Evanxélicas entran a formar parte da Xunta do Consello Evanxélico de Galicia, o representante denominacional das Igrexas Evanxélicas de Asembleas de Deus, Martín Sánchez Varela e o representante das Igrexas Evanxélicas Bautistas, Ricardo Rentería Campos. O resto de representantes continúan o seu mandato, o cal deberá ser ratificado polas súas denominacións cada dous anos sen límite de mandatos segundo o sinalado nos Estatutos do Consello Evanxélico de Galicia. https://conselloevanxelico.org/xunta-del-ceg/
En relación aos membros responsables das consellerías do CEG, destacar que continúan en Asistencia Religiosa Hospitalaria: José Antonio García (ratificado por dous años); en Asistencia Religiosa en Prisións: Fernando Núñez (ratificado por dous años); en Comunicación: Encarna Crujeiras (ratificada por dous años) e queda vacante a Consellería de Diaconía, trala marcha de Carolina CurráRodríguez. Con todo, recordar que son varias as consellerías que continúan vacantes en espera de que pronto se poidan sumar máis persoas con ministerios que entren a formar parte do plan de traballo do Consello Evanxélico de Galicia.
En resumo, unha vez rematado o prazo para recibir propostas de candidaturas de cargos suxeitos á reelección no ano 2025, indícase a continuación as propostas recibidas, todas elas ratificadas nesta asamblea anual do CEG.
- Presidente (correspondelle a quenda á Igrexa de Deus Pentecostal): Miguel Zapata Alcayde
- Secretario Executivo (remata): Germán Collazo Fernández e accede, Enrique Iglesias Campelo
- Enrique Iglesias Campelo (Asembleas de Irmáns na Ramallosa)
- Tesoureiro: Tomás Acuña Lagos (ratificación por catro anos)
- Representantes de:
- Asembleas de Deus: Martín Sánchez Varela
- Asembleas de Irmáns: Juan Martínez Lagos (ratificación por dous anos)
- Corpo de Cristo: Antonio Pazos Couto (ratificación por dous anos)
- Igrexa de Deus Pentecostal: Miguel Zapata Alcayde (ratificación por dous anos)
- Igrexas Bautistas: Ricardo Rentería Campos (ratificación por dous anos por cambio de representante)
- Consellerías de
- Asistencia Relixiosa Hospitalaria: José Antonio García (ratificación por dous anos)
- Asistencia Religiosa en Prisiones: Fernando Núñez (ratificación por dous anos)
- Comunicación: Encarna Crujeiras (ratificación por dous anos)
- Diaconía (vacante)
- Patrimonio (vacante)
- Xuventude (vacante)
- Asesoría legal (vacante)
