Benvidos a páxina web do Consello Evanxélico de Galicia, na que agardamos encontredes a información que vos axude a coñecernos mellor.
Atoparedes nesta páxina que o Consello Evanxélico de Galicia (CEG) está integrado por igrexas e entidades evanxélicas ou protestantes con sede na Comunidade Autónoma Galega.
O CEG e a entidade asociativa que fai visible ás igrexas como grupo corporativo na sociedade galega, por un lado, propiciando unha maior e mellor expansión de evanxeo, coordinando esforzos e actividades e, por outro lado, potenciando a fraternidade entre as distintas congregacions.
Ademais, lembrámosvos noutra orde de cousas, que os crentes traballamos ofrecendo á sociedade un conxunto de servizos a través das diferentes igresas, denominacións ou entidades, tales como actividades culturais, apoio a marginados ou a drogodepentes, colaboración a través das nosas ONG´s e outros
Queremos convidar a aquelas igrexas de Galicia que aínda non están integradas no CEG a que se adscriban a este organismo formalmente, fortalecendo así, o proxecto común do pobo evanxélico ou protestante, e asimesmo beneficiarse das vantaxes que supón formar parte dunha entidade destas características, sen perder por iso a súa independencia o autonomía no chamado cristiá.
Que Deus vos bendiga en toda a vosa búsqueda.
Miguel Zapata Alcayde
Presidente do Consello Evanxélico de Galicia
Saúdos do Secretario Executivo do CEG
En nome do Consello Evanxélico de Galicia ( CEG ) e do meu propio quero darlles a benvida a este novo espazo de encontro. Desde o seu nacemento en 1997, o Consello persegue ofrecer un servizo mellor e máis eficiente ás igrexas, ante isto é o meu desexo aproveitar esta oportunidade para lembrar os servizos que podemos ofrecerlles así como destacar os proxectos futuros pendentes de desenvolver sobre os cales se vos informará.
Asimesmo, quero animar a todas as igrexas que aínda non sodes membros do CEG a que vos sumedes a este proxecto e que xuntos podamos continuar coa labor que temos encomendada.
Cos meus mellores desexos envíovos un cordial saúdo.
Enrique Iglesias Campelo
Secretario Executivo do Consello Evanxélico de Galicia