“O último voo” película para conmemorar o 150 aniversario

A conmemoración do 150 aniversario da Igrexa Evanxélica do Camiño na Coruña a longo deste ano 2025, inclúe varios eventos, entre eles, un ciclo de cinema.

O vindeiro sábado, 3 de maio está prevista a proxección de “O último voo”, película que forma parte do ciclo de cinema que se estivo emitindo nos meses anteriores ao longo do presente ano 2025 con diversas de películas. O último voo conta a historia dun piloto en decadencia que é enviado a Sudamérica para rescatar á súa exmoza, a cal é médico e misioneira, dun perigoso narcotraficante que domina esa rexión. O piloto, durante a traxectoria deberá penetrarse en xungla e sortear non só o perigo senón que tamén deberá convencela de que abandone a vida que elixiu.

A súa proxección está prevista para as 6 da tarde, e poderase ver no no Centro Cívico Castrillón, sito na Praza de Pablo Iglesias do Castrillo na Coruña, a entrada será gratuíta ata completar o aforo.

Así mesmo, na programación destacan varios actos conmemorativos do 150 Aniversario de la Iglesia do Camiño que forman parte da axenda que se desenvolverá proximamente en datas posteriores que se indican a continuación:

Sábado, 31 de maio. Roteiro UrbanoRoteiro polas pegadas do protestantismo na Coruña”.

Do 5 ao 29 de xuño. Exposición temporal: “Publicacións clandestinas, raras e curiosas”. Na sala municipal de Exposicións Salvador de Madariaga, en Rúa Durán Loriga, 10.

Sábado, 14 de xuño. 24ª Olimpíadas Evanxélicas de Galicia. Nas Pistas de Atletismo do Campus Universitario de Elviña. De 11:00 a 19:30 h.

Domingo, 29 de xuño. MUSICAL “JESUS”. Interpretado polo grupo de Escola Dominical da Igrexa O Camiño. C/ Curros Enríquez, 43 baixo posterior.

PANEL3_mayojunio