REMAR recibe a medalla de bronce en recoñecemento ao traballo social en prisións

Diploma pola concesión da medalla de bronce a REMAR GALICIA
Diploma pola concesión da medalla de bronce a REMAR GALICIA

A Asociación REMAR, recibiu a medalla de bronce ao Mérito Social Penal polo “inestimable apoio ao preso” e polo traballo realizado acollendo ás persoas privadas de liberdade durante os seus permisos e tamén tras a súa excarceración. Este ano a entrega de medallas tivo lugar na Subdelegación do Goberno de Pontevedra nunha xornada na que cada ano dedícase ao recoñecemento do servizo público penal. O evento celebrouse suxeito a estritas medidas de seguridade e seguindo o protocolo establecido polo covid-19.

Resaltar que na entrega de medallas a  subdelegada do Goberno en Pontevedra, Mª Carmen  Larriba García tivo unhas palabras especiais dirixidas á asociación REMAR por “a súa  importantísima función no apoio aos internos no momento en que saen de prisión facilitándolles a súa acollida e información”. E na mesma liña, a directora da prisión da Lama, Teresa Delgado, quixo mostrar o seu agradecemento por “o esforzo xeneroso” dos colaboradores e voluntarios das organizacións externas que traballan no centro.

Por outra banda, neste mesmo acto tamén recibiron a medalla de bronce ao Mérito Penal a funcionaria responsable do servizo interior de mulleres e o técnico de mantemento do sistema de seguridade do centro.

Así mesmo, e de maneira especial cabe mencionar en relación ás condecoracións que cada ano veñen a concederse, este ano 2021 estiveron moi ligadas á situación da pandemia. Ademais, concedéronse outras condecoracións a cinco funcionarios que cumpriron 25 anos de servizo, así como dúas  melladas de bronce ao Mérito Social Penal – unha delas é a que recibiu a asociación REMAR-; unha medalla de bronce ao Mérito Penal e dúas medallas máis de prata ao Mérito Penal.

Fernando Núñez,  copastor da Igrexa de Corpo de Cristo de Vigo foi o encargado de recoller a medalla concedida ao Mérito Social Penal á Asociación REMAR na sede da subdelegación do Goberno en Pontevedra.

Momento da entrega da medalla a REMAR recollida polo copastor da Igrexa Corpo de Cristo de Vigo, Fernando Núñez.
Momento da entrega da medalla a REMAR recollida polo copastor da Igrexa Corpo de Cristo de Vigo, Fernando Núñez.