Comunicado pola morte de Samuel Luiz Muñiz

REPULSA POLA MORTE DE SAMUEL  E CONDOLENCIAS A SÚA FAMILIA

O Consello Evanxélico de Galicia, quere manifestar a súa profunda repulsa pola brutal malleira que ocasionou a morte de Samuel Luiz Muñiz na cidade da Coruña na madrugada do sábado 3 de xuño. O odio, as agresións verbais ou físicas, así como calquera acto de violencia nunca foron nin serán unha opción.

Así mesmo únese en oración, ás palabras declaradas polo seu pai, Max Luiz, profesante dunha igrexa evanxélica, de que “nunca máis chegue a ocorrer outro día tan negro como o que estamos a vivir”. E apoia a petición de Max Luiz de non querer que “este terrible homicidio sexa utilizado como bandeira de ninguén”. O Consello Evanxélico de Galicia mostra o seu apoio e proximidade coa familia de Samuel nestes momentos de profunda dor e duelo. 

Desexa que a morte de Samuel non sexa en balde e que este terrible feito axude á sociedade no seu conxunto para traer luz e un maior entendemento sobre as malignas consecuencias da confrontación e a tensión en lugar da procura dun camiño cara ao diálogo e a paz social.

A Coruña, 6 de xullo de 2021

Consello Evanxélico de Galicia

 

Concentración na Praza de María Pita na Coruña, pola morte de Samuel Luiz Muñiz