Mensaxe de solidariedade e apoio a Canarias

A Xunta do Consello Evanxélico de Galicia enviou unha mensaxe de solidariedade e apoio ao Consello Evanxélico de Canarias debido da situación que están viviviendo na illa da Palma por mor da erupción do volcán e fíxoo nos seguintes termos.

Imagen de la colada del volcán  destruyendo todo lo que encuetra a su paso en la isla de La Palma

Imaxe da coada do volcán destruíndo todo o que atopa ao seu paso na illa da Palma

Á ATENCIÓN DO CONSELLO EVANXÉLICO DE CANARIAS

Estimados e amados irmáns:

Ante as noticias da erupción do volcán na illa da Palma e as súas consecuencias devastadoras sobre o territorio no que residen tantas persoas, queremos enviarvos unha mensaxe de solidariedade e afecto desde o Consello Evanxélico de Galicia. Seguimos con atención calquera novidade sobre os efectos e o avance da lava arrasando poboacións.

Conscientes de que comezar de novo despois de perdelo todo é moi doloroso, damos grazas a Deus polas vidas que foron gardadas e porqué máis doloroso aínda sería non poder comezar. Queremos dicirvos que estades nas nosas oracións rogando que a misericordia e a provisión do Señor sexa sobre cada necesidade, e que o goberno e as autoridades obren con sabedoría e acerto para que o pobo que está a sufrir sexa atendido con prontitude. Enviámosvos todo o noso apoio e agarimo confiando en que o Deus todopoderoso é soberano en todo tempo sobre a súa creación.

Afectuosamente, no amor do Señor.

A Coruña, 28 de setembro de 2021

A Xunta do Consello Evanxélico de Galicia (CEG)