Esta foi a 23ª edición das Olimpíadas Evanxélicas de Galicia que se celebraron o sábado, 1 de xuño no Estadio Universitario do Campus de Elviña da Coruña. As olimpíadas foron organizadas pola Agrupación Deportiva Evanxélica de España. Este tipo de xogos olímpicos celébranse tamén noutras comunidades autónomas (en Madrid, Barcelona…).


Gradas abarrotadas de público desfrutando dos xogos.
No Estadio Universitario Elviña da Coruña, todos os atletas participaron xuntos na proba do maratón. Os nenos/as e adolescente ademais, puideron elixir aqueloutra proba de atletismo que máis lles apaixona e para a que se estiveron adestrando semanas antes, asesorados polo seu adestradores e entre elas, temos as carreiras lisas, substitucións, salto de altura, salto de lonxitude e lanzamento de peso. Os participantes das diferentes congregacións evanxélicas son instruídos para participar cunha actitude de competición deportiva acorde aos principios de confraternidade cristiá.
Nas probas de atletismo deste ano 2024 inscribíronse máis de medio milleiro de nenos/as que residen en Galicia. As idades dos nenos e nenas comprenden un tramo que oscila entre os 4 e os 17 anos.
O horario do programa destas olimpíadas foi o seguinte:
Acto de presentación: 16: 30 horas.


Aínda que as competicións comezaron pola mañá, o desfile e o acto de presentación, como vén sendo habitual foi pola tarde. Este acto deu comezo co desfile de todos os nenos/as realizando un percorrido pola pista portando o facho e dando lugar ao aceso do pebetero con lume simbólico. Asímesmo, nesta edición tiveron como mascota ao Esquío “Chipi” que fixo a súa presentación no desfile inicial, resultando todo un espectáculo moi atractivo especialmente para os atletas máis novos e tamén para os espectadores.
O horario programado na xornada de mañá foi de 11:00 a 14:00 h.

A apertura das olimpíadas comezou coa proba de maratón segundo idades e concluíu coa entrega de medallas e copas para as respectivas probas. Posteriormente, ao rematar o maratón realizáronse as outras probas de atletismo tales como carreiras lisas, substitucións, salto de altura, salto de lonxitude e lanzamento de peso.
A primeira edición das Olimpíadas Evanxélicas en Galicia celebráronse no ano 2000 e ata este ano 2024, as olimpíadas estivéronse celebrando sempre na cidade da Coruña, con tan só unha pausa de forza maior durante dous anos con motivo da pandemia do Covid-2019.
Como novidade este ano houbo un cambio nos participantes da categoría para 16 anos a cal se modificou e implementouse a categoría de 16 e 17 anos. Debido a que esta proposta de ampliación da idade tivo unha excelente acollida, acordouse aprobar dita ampliación e unificar criterios con outras olimpíadas de varias comunidades autónomas como por exemplo en Madrid e en Barcelona quenes tamén acordaron ampliar un ano máis e de maneira definitiva que os atletas de 17 anos puidesen competir. Nos dous anos anteriores aprobouse de forma excepcional a categoría de 16 anos e a categoría de 17 e 18, para dar a oportunidade aos atletas que por mor do Covid-19 non tiveran a oportunidade de despedirse das olimpíadas evanxélicas.
As congregacións de Galicia que participaron neste evento superaron a vintena, entre elas atópanse: “O Camiño de Asemblea de Irmáns A Coruña”, “Iglesia Evanxélica de Marín”, “A Oliveira , Iglesia Evanxélica”, “Iglesia Unida de Vigo”, “Corpo de Cristo en A Coruña”, “Boas Noticias de Lugo”, “Iglesia Boas Noticias de Ferrol”, “Mosaico, Iglesia da Coruña”, “Centro Cristián Auga Viva”, “Asembleas de Deus da Coruña”, “Asembleas de Deus. Arteixo”, “Iglesia de Lugo-Promesas”, “Iglesia de Irmáns de Riveira” , “Iglesia Evanxélica de Ares”…







Outra información relacionada coas olimpíadas, clicar na seguinte ligazón: