Celebración do Día do Evanxeo, Festa da Esperanza, o 22 de xuño de 2024 na cidade da Coruña

A celebración do Día do Evanxeo, Festa da Esperanza, o 22 de xuño de 2024 na Coruña abrangue tres eventos principais. Un almorzo institucional, unha marcha e un festival.

O Consello Evanxélico de Galicia e a Asociación de Pastores da Comarca da Coruña organizan a celebración do Día do Evanxeo, Festa da Esperanza na contorna do programa nacional EspañaOramosporti 2024.

Dende hai varios anos en Galicia as Igrexas Evanxélicas uníronse ao proxecto nacional de dedicar un día de oración por España, que en todo o país é coñecida como o proxecto EspañaOramosporti e no que participa a maioría do pobo evanxélico español e que en Galicia o evento denominouse, Galicia Oramos por ti.

Aquel proxecto que comezou sendo unha reunión de oración por España foi crecendo e ampliando a súa programación con actividades como un almorzo institucional, no que a presenza de autoridades políticas e personaxes relevantes da nosa sociedade é cada vez máis habitual. Pola tarde, nese mesmo día de festa o pobo evanxélico en Galicia saía a rúa nunha marcha, que este ano, o día 22 de xuño, percorrerá as principais rúas da cidade da Coruña. Este Día do Evanxeo, culminaba os seus actos cun Festival da Esperanza, onde se contaba coa actuación dun grupo musical e realizábase a exposición dunha causa social de actualidade. Todo isto encadrábase dentro dun proxecto que este ano 2024 denominamos Día do Evanxeo, Festa da Esperanza.

O Comité Organizador do Día do Evanxeo, Festa da Esperanza, estableceu como data sinalada o sábado, 22 de xuño de 2024, para realizar as seguintes actividades en torno á causa social que leva como lema: “A saúde mental: o suicidio e a necesidade dun plan de prevención”. As actividades programadas son o almorzo institucional, a marcha e o festival.

O Almorzo  institucional, está pensado como un encontro entre os pastores, ministros e/ou líderes das distintas denominacións evanxélicas e as autoridades políticas e personaxes relevantes de Galicia. Preténdese con este evento ter a oportunidade de poder conversar sobre asuntos de interese común, en semellanza aos almorzos celebrados noutras nacións e que supoñen unha manifestación da cordialidade e a cooperación entre os distintos sectores da nación. Ao Almorzo institucional 2024, que se celebrará no Hotel Áttica 21 da Coruña (en Matogrande), o 22 de xuño, ás 10:30 horas, cunha duración aproximada dunha hora, temos confirmada a participación de diferentes tipos de profesionais para conversar mediante conferencias TED sobre o tema de “A saúde mental: o suicidio e a necesidade dun plan de prevención”.

A Marcha, consiste nunha mobilización de carácter festivo dos membros das distintas Igrexas Evanxélicas, principalmente da provincia da Coruña ademais das que se sumen das outras provincias de Galicia. A convocatoria está programada para saír ás 5:30 da tarde de diante a Delegación do Goberno en Galicia.

Por todas as provincias de España, en diferentes días do mes de xuño, o pobo evanxélico sae á rúa, non para protestar, senón para orar e bendicir a nación marchando polas rúas de diferentes cidades. É unha marcha festiva e alegre, con cantos de encomio e oracións pola nosa terra.

O Festival, concíbese como o evento no cal conclúese o programa do proxecto Día do Evanxeo, Festa da Esperanza. É un encontro de carácter festivo, onde a través das diferentes manifestacións artísticas moi presentes no pobo Evanxélico temos unha oportunidade máis de mostrar á cidadanía o privilexio de vivir para Deus, á vez que é unha ocasión propicia para contribuír á sensibilización cidadá sobre o tema de “A saúde mental: o suicidio e a necesidade dun plan de prevención”. Está confirmada a actuación do grupo de música folk SAL150. O lugar previsto para o festival é na zona do Palco dos Xardíns Méndez Núñez ás 7 da tarde.

 

O vindeiro sábado 11 de maio, terá lugar ás 7 da tarde un encontro de encomio e oración unida inter-denominacional na Coruña, na Igrexa Evanxélica Luz ás Nacións, situada na rúa Juan da Cierva, nº 14, no Polígono da Grela, na Coruña. 

A continuación, ás 9 de noite celebrarase unha cea benéfica no local social da Igrexa Ebenezer, sita na rúa Isaac Peral, nº 8, na Coruña. Requírese inscrición previa para asistir á cea benéfica.

Ademais, tamén temos a posibilidade de donar produtos de aseo persoal e produtos de almorzo de longa caducidade colaborando cos almorzos que ofrece a obra social da Igrexa Evanxélica do Exército de Salvación da Coruña.

Anexos:

Programa de actividades / Festival Evanxélico da Esperanza:

Con motivo do peche da xornada co Festival Evanxélico da Esperanza, que terá lugar no Anfiteatro do Parque de Santa Margarita na Coruña, detállase a continuación o programa de actividades previsto no que se inclúen actividades de carácter infantil paralelas ao programa xeral.

Programa do Festival Evanxélico da Esperanza do 22 de xuño de 2024

Hora: de 19:30 A 22:00 horas

Lugar: Anfiteatro do Parque de Santa Margarita, na Coruña

  1. Presentación.
  2. Quen somos e Motivo da concentración
  3. Causa Social: “A saúde mental: o suicidio e a necesidade dun plan de prevención”.
  4. Actividades infantís
  5. Actuacións Musicais / Himno Galego Gaiteiros
  6. Lectura Manifesto / Declaración
  7. Oración:
  8. Sobre a saúde mental e o suicidio.
  9. España e Galicia: Autoridades e nación
  10. A Coruña: Autoridades e veciños
  11. Participación Gaiteiros
  12. Actuación musical do Grupo SAL150
  13. Exposición pública
  14. Peche Musical

Previsión de actividades para nenos (globoflexia, pinta-caras, pallasos…).

Para calquera outra información ou aclaración chamar a:

Antonio Pazos Couto no móbil 363464259 ou  Luís Otero Sousa, no móbil 659 384 283 coordinadores do proxecto en Galicia do Día do Evanxeo, Festa da Esperanza  ou ben no correo: comunicacion@conselloevanxelico.org