O Almorzo institucional de oración no Día do Evanxeo, Festa da Esperanza entre a Comunidade Evanxélica e diversas autoridades e institucións enmárcase dentro do proxecto nacional de España Oramos por ti 2024.


Mediante este evento, púidose compartir un tempo de reflexión e dialogar sobre a situación do noso país, facendo deste almorzo un punto de encontro entre a comunidade evanxélica e diversas entidades, autoridades e políticos. Este ano 2024 o tema social a tratar versou sobre “A saúde mental: o suicidio e a necesidade dun plan de prevención”.
A presentación do almorzo institucional de oración correu a cargo de Luis Otero Sousa, pastor de la Iglesia de Asembleas de Dios da Coruña e coordinador do comité organizador de España Oramos por ti / Galicia Oramos por ti 2024. O almorzo celebrouse o sábado, 22 de xuño e aínda que inicialmente estaba previsto para o 9 de xuño, por causa das eleccións europeas o comité organizador decidiu modificar a data inicial.
Despois da apertura e benvida a este acto, o grupo musical de encomio animou aos asistentes para acompañalos coa letra das cancións de encomio, cuxa música foi moi aplaudida e cunha excelente conexión co público.



A continuación, tivo lugar a primeira conferencia TED (Tecnoloxía, Entretemento, Deseño) polo psicólogo, Miguel Rey, quen tratou o tema social de “A saúde mental: o suicidio e a necesidade dun plan de prevención, perspectiva psicolóxica”.

Seguidamente, púidose emitir un vídeo de testemuño persoal do Grupo musical SAL150 expresando a necesidade de falar do tema do suicidio. Ambos os protagonistas do vídeo, Miguel e Rosa, referíronse ao sufrimento que supón que un suicidio, e que segundo eles recalcaron: “é preciso falar do suicidio”.
Tras a participación do grupo musical con outra canción de encomio, deuse paso ao 1º bloque de intervención institucional. O pastor Luis Otero, abriu este bloque saudando e presentando ás autoridades e partidos políticos que estaban presentes, entre eles asistiron, Dª Rosalía López Sánchez, concelleira do Grupo municipal do Partido Popular no Concello da Coruña, D. Roberto Coira Andrade, concelleiro do grupo Popular do Concello da Coruña e D. Carlos San Claudio Yañez, tamén, concelleiro polo Concello da Coruña. Ademais, contamos coa asistencia polo Concello de Arteixo, Dª Inés Ramos, 2º tenente de alcalde e concelleira de educación e Sanidade, quen substituíu ao alcalde accidental D. José María Sánchez Novo, que a última hora escusó a súa ausencia, por motivos urxentes de axenda, agradecendo amablemente a invitación ao acto.

Entre as persoas convidadas abriu o primeiro bloque de intervencións, Dª Rosalía López Sánchez, concelleira do Grupo municipal do Partido Popular no Concello da Coruña, dando un saúdo e facendo referencia á saúde mental dende un punto de vista persoal.

Seguidamente tomou a palabra Dª Inés Ramos, 2º tenente de alcalde e concelleira de Educación e Sanidade do Concello de Arteixo, quen destacou a importancia que desde o seu Concello estivéronlle prestando á saúde mental lembrando varias medidas que se estiveron implementando nos últimos anos en Arteixo.
Continuando co programa previsto, tivo lugar a segunda conferencia TED, polo pastor, Timoteo Figueirido Woodford, quen tratou o tema social de “A saúde mental: o suicidio e a necesidade dun plan de prevención, perspectiva pastoral”.

Ao finalizar a segunda conferencia, o pastor Luis Otero, abriu o 2º bloque de participación institucional, igualmente saudando e presentando ás autoridades e partidos políticos que estaban presentes, entre eles asistiron, D. Emilio Vicente Pérez Foncal, Cónsul honorario da República Dominicana e Vicedecano do Corpo consular na Coruña, o cal na súa intervención deu un saúdo e fixo referencia entre outros á saúde mental dos estranxeiros que están presos e ao contraste entre as clases podentes que viaxan en transatlánticos e os que viaxan en pateiras, unha realidade presente hoxe en día na nosa sociedade e que nos días pasados algúns medios de comunicación fixeron eco desta situación.

Pechou o bloque de participación institucional, por parte da Xunta de Galicia, a subdirectora xeral de Atención á Saúde Mental, Dª Almudena Díaz Pereira, destacando que desde a Xunta de Galicia creouse unha nova subdirección xeral para atender os asuntos da saúde mental e que forman parte do proxecto deste goberno autonómico de Galicia.
Ao finalizar as intervencións, o pastor Luis Otero, dirixiuse ás autoridades para darlles unha mensaxe e lembrarlles que “poden contar coa nosa colaboración en todas aquelas iniciativas nas que podamos ser de axuda, só teñen que chamarnos…”
Antes de concluír o almorzo, entregáronse uns libros e Biblias a cada unha das autoridades presentes e o presidente do Consello Evanxélico de Galicia, D. Antonio Pazos Couto pediu permiso aos invitados para orar por eles, pedir a bendición de Deus e a graza para que poidan realizar o seu traballo coa axuda de Deus, seguindo o exemplo que nos indica a Biblia no texto de 1ª Timoteo 2: 1-4 “ Exhorto ante todo, a que se fagan rogativas, oracións, peticións e accións de grazas, por todos os homes; polos reis e por todos os que están en eminencia, para que vivamos quieta e reposadamente en toda piedade e honestidade porqué isto é bo e agradable diante de Deus o noso Salvador, o cal quere que todos os homes sexan salvos e veñan ao coñecemento da verdade”.

A primeira parte do almorzo finalizou coa foto de familia dos asistentes ao almorzo institucional de oración.

A segunda parte está considerada como unha parte máis intima e dirixida principalmente aos líderes da Comunidade Evanxélica.

Continuou coa presentación presentación da segunda parte do evento o pastor Luis Otero, saludando aos asistentes e dando paso ao grupo musical cunha canción de encomio. Seguidamente a exposición da Palabra de Deus estivo a cargo do pastor Segundo Navaza da Igrexa de Buenas Noticias de Ferrol, para entrar na última parte do programa con motivos de oración unida e encomio.
Na despedida e peche do almorzo institucional de oración lembrouse que, en sesión de tarde, ás 17:00 horas estaba prevista a convocatoria a unha MARCHA, pola cidade da Coruña con saída desde a Praza de María Pita.
Programa Almorzo


Outras novas relacionas co proxecto nacional España Oramos por ti: https://protestantedigital.com/espana/68418/autoridades-politicos-y-representantes-evangelicos-asistieron-al-desayuno-nacional-de-oracion
