Memorial, Dando vida ao recordo polas vítimas da covid-19

O vindeiro domingo, 14 de xuño, as Igrexas Evanxélicas de Galicia e do resto de España que se sumaron a participar no Memorial polas vítimas do covid-19 realizarán un acto no seu culto dominical baixo a inscrición: “Memorial evanxélico: Dando vida ao recordo”, fortalecendo a esperanza na resurrección e a vida eterna.

O propósito deste memorial non é outro que dar protagonismo aos que morreron outorgando dignidade e respecto ás persoas falecidas, honrando aos que faleceron. Consolar ás familias, convidar á sociedade ao recoñecemento da dor e da traxedia, así como fortalecer as nosas comunidades.

 Aínda que é certo, que todavía non rematou, que a saída da crise sanitaria do covid-19 é unha prioridade, e que en cada comunidade autónoma previuse unha desescalada segundo as autoridades sanitarias teñen recomendado para dar paso á chamada “nova normalidade”, dicir que desde a Igrexa Evanxélica mantense un clamor a Deus, rogando unánimes por este mundo e polos que nel habitan.

As Igrexas evanxélicas sentiron profundamente o desconcerto social que aconteceu en Galicia, en España e no mundo enteiro por causa da pandemia do Coronavirus, viviron este impacto nalgún caso en primeira persoa e fixérono desde a confianza, a fe e a esperanza, pero tamén compartindo a dor e o sufrimento pola perda dos seus seres queridos e así mesmo dos seus amigos e veciños.

Ligazón a: vídeo commemorativo Dando vida ao recordo de Alianza Evanxélica e Radio Televisión Vida.

Outra ligazón relacionada: https://www.protestantedigital.com/espana/53358/la-espana-evangelica-dara-vida-al-recuerdo-de-las-victimas-de-la-covid-19-en-un-memorial