España Oramos por ti 2020 retransmisión virtual pola covid-19

É a décimo terceira vez que a plataforma España oramos por ti organiza este evento de oración unida en todo o territorio español, pero este ano 2020 e por primeira vez, por mor das restricións por causa do covid-19, realizouse de usando as novas tecnoloxías de forma virtual mediante unha retransmisión en vivo e en directo.

 O comité organizador e facilitador de España oramos por ti, quixo facer partícipe nesta XIII edición a pastores e líderes das diferentes provincias que se atopan ao longo de todo o territorio español. A cita tivo lugar o sábado 13 de xuño de 2020 ás 18:00 horas a través da coñecida aplicación gratuíta para videoconferencias, zoom. O encontro foi retransmitido en directo a través das RRSS, Facebook, Youtube.

 O comité facilitador agradece a participación dos representantes de todas as Comunidades Autónomas do estado español, entre elas a Galega. Así mesmo agradece tamén a colaboración de todos os irmáns/ as que se uniron na execución das actuacións musicais.

Sendo conscientes de que as circunstancias actuais non permitían as celebracións dos anos anteriores, tales como, os tradicionais almorzos de oración coa participación de autoridades, nin tampouco as marchas ou concentracións festivas. E que os difíciles momentos polos que atravesa o país poñían de manifesto que, hoxe era máis necesario que nunca reunirse nun tempo de oración a través dun encontro unido do pobo de Deus. Cuxo propósito evidenciase o clamor e a intercesión do pobo crente ante o Deus todopoderoso.

 España oramos por ti vense celebrando anualmente dende o segundo sábado do ano 2007 do mes de xuño, e está organizado por unha plataforma vinculada á Federación de Entidades Relixiosas Evanxélicas de España       ( FEREDE).