Ensino Relixioso Evanxélico para o curso 2020-2021

Para cursar a materia de Ensino Relixioso Evanxélico é necesario cumprimentar a solicitude e entregala no centro educativo correspondente no momento en que se abre o prazo de matrícula.

O prazo de inscrición será do 1 ao 10 xullo de 2020 tanto para os alumnos que empecen no colexio por primeira vez como para aqueles que xa estivesen matriculados en cursos anteriores.

 Pola súa banda a Consellería de Ensino Relixioso Evangélica do Consello Evanxélico de Galicia >(CEG) lembra que se envíe unha copia da solicitude, unha vez que o colexio ou instituto selouna, ao correo: ere.consello@gmail.com   para dar seguimento ao cumprimento da petición.

Todos os anos durante o período de matrícula pódese solicitar cursar a materia optativa de Ensino Relixioso Evanxélico en todas as etapas ou os ciclos de educación infantil, primaria e secundaria en calquera centro educativo público. Para iso contamos co amparo legal na nosa Constitución Española reflictido no seu artigo 16, así como cos Acordos de Cooperación co Estado Español de 1992 e coa Lei Orgánica de Educación, que garante que se imparta a materia optativa de relixión cristiá evanxélica na no sector educativo. Cabe recortar tamén que non é necesario pertencer a ningunha confesión relixiosa para solicitar cursar esta materia.

 

Para descarga a solicitude clicar aquí: ModeloSolicitudlomce-1

 

A continuación mirar vídeo promocional sobre a ERE para o curso 2020-2021