Asistencia Relixiosa Hospitalaria do Consello Evanxélico de Galicia

A Consellaría de Asistencia Relixiosa Hospitalaria é o departamento do Consello Evanxélico de Galicia que se relaciona cos pastores, obreiros e responsables das Igrexas Evanxélicas na Comunidade Autónoma de Galicia para fomentar a comuñón, a formación e o servizo á sociedade no ámbito sanitario. Traballa a prol dunha regulación básica da asistencia relixiosa evanxélica en establecementos públicos hospitalarios. Fomenta a creación e supervisión de capelanías nos entes públicos de Galicia e onde fose preciso no desenvolvemento das súas competencias.

A Capelanía hospitaria é un servizo que se ofrece a través dun equipo de capeláns, pastores e colaboradores dispostos a atenter as nececesidades pastorais das persoas que o soliciten durante o tempo que permanezan ingresados nun centro hospitalario.

Asímesmo, a Consellaría de Asistencia Relixiosa ten un compromiso de atender as necesidades formativas dos voluntarios que desexen incorporarse ao ministerio que a Pastoral Hospitalaria Evanxélica (ou Protestante) está realizando en diversos Centros Hospitalarios da Comunidade Autónoma Galega. 

Conscientes da situación que a pandemia da covid-19 está causando na sociedade a Consellaría de Asistencia Relixiosa recorda que non debemos en ningún momento deixar sen apoio aos que se atopan en situación máis vulnerable e que é necesario reforzar a atención pastoral ao doente que demande a nosa presenza.

«…a fin de que o crente esté perfectamente preparado para facer toda clase de ben.» 2 Tim 3:17

Nota: Todas as imaxes das persoas que aparecen no vídeo son usadas con permiso. O noso agradecimiento a todas e cada una delas. 