Comunicado.Declarada emerxencia sanitaria polo Coronavirus

O Consello Evanxélico de Galicia lembralle ás Iglesias Evanxélicas a obriga de atender as recomendacións das autoridades sanitarias. Estamos ante unha emerxencia de calado mundial e combater o virus do Coronavirus COVID -19, require por parte de todos os cidadáns o cumprimento das restricións impostas polas autoridades.

Hai tan só 4 días a FEREDE fixo público un comunicado en relación con reforzar a suspensión de actividades colectivas, a situación cambiou e as medidas recomendadas para hoxe son de maior calado. Así mesmo, no día de onte, 13 de marzo de 2020, o Goberno de España decreta o estado de alarma por 15 días, para frear a crise do Coronavirus, a partir de hoxe 14 de marzo. Lembremos que é a segunda vez que se declara este estado dende que vivimos nun Estado Social e democrático de dereito e dado que é algo moi excepcional, implementanse medidas excepcionais. Debemos ter claro que estas medidas tómanse como prevención dun mal maior, non para impedir que os evangélicos celebren as súas liturxias ou reunións, non é contra a fe cristina evangélica.

Por outra banda, tamén a Xunta de Galicia, no día de onte aprobou mediante unha resolución publicada no Diario Oficial de Galicia un acordo no que se declara a situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia que activa un plan territorial de emerxencias como consecuencia da evolución da epidemia do Coronavirus Covid-19. Na xustificación deste acordo menciona que ”Sobre esta base e tendo en conta que diversos estudos indican que, de non poñer en marcha medidas extraordinarias de distanciamento social, ata un 60% da poboación no peor escenario podería infectarse -o que provocaría unha onda epidémica sensiblemente elevada, que ademais, polos datos publicados na literatura científica, incidiría de maneira especial na poboación maior de 70 anos, que constitúe un 19% da poboación galega, onde a taxa de mortalidade podería superar o 2% entre os afectados-, pode afirmarse que a situación actual supón un risco inminente e extraordinario para a saúde da poboación”.

Ante o risco que supón expoñerse innecesariamente, insistimos en que se actúe coa maior cautela posible. Así pois, ínstase a todas as igrexas evanxélicas a que acaten as instrucións dadas polas autoridades e por FEREDE.

Constantes na oración, roguemos a Deus pola erradicación do Coronavirus mantendo a serenidade e a confianza no noso Señor Xesucristo.

En espera de que estás medidas sexan pasaxeiras e pronto podaimos recuperar a normalidade.

 Atentamente

Consello Evanxélico de Galicia