Comunicado. Medidas de protección contra o Coronavirus

O Consello Evanxélico de Galicia (CEG) mostra o seu total apoio e colaboración coas autoridades sanitarias na difusión e recomendación das medidas de protección que deben ser tomadas en conta entre os feligreses/as que asisten as celebracións nas Igrexas Evanxélicas de Galicia.

 

Ante a preocupación de que calquera grupo ou colectivo humano é susceptible de ser contaxiado polo coronavirus (COVID-19), o CEG recomenda encarecidamente que se extremen as precaucións.

As autoridades sanitarias piden a colaboración para a contención da propagación do COVID-19 entre a poboación, e para iso proponen unha serie de medidas sinxelas de protección persoal que pregamos se implemente nas celebracións litúrxicas :

  1. Lavar as mans frecuentemente.
  2. Ao tusir, cubrir a boca cun pano desbotable ou contra o brazo co cóbado flexionado.
  3. Evitar tocar os ollos, o nariz e a boca.
  4. No caso de ter síntomas respiratorios, evitar o contacto próximo con outras persoas.
  5. Os síntomas máis frecuentes son febre, tose e sensación de falta de aire. No caso de sospeitar estar infectado non acudir aos cultos ou reunións nin tampoco ir directamente ao hospital senón contactar telefonicamente antes co 061.

Con todo, pregase se publiciten e recorden estas recomendacións en todos e cada un dos locais de culto ou igrexas así como nos taboleiros, boletín ou portas de acceso público aos mesmos. Tamén  recomendan evitar neste tempo xestos que impliquen contacto físico, e aquelas persoas con algunha sintomatoloxía asociadas a enfermedades respiratorias eviten acudir a actos colectivos.

Preguemos  a Deus en oración pola erradicación deste virus mantendo a seneridade e a confianza no noso Señor Xesucrito.

En espera de que estás medidas sexan pasaxeiras e pronto poidamos recuperar a normalidade.

Atentamente

 Consello Evanxélico de Galicia