O Consello Evanxélico de Galicia (CEG) organiza a II Xornada de Comunicación e Protocolo dirixida a calquera persoa interesada en temas relacionados coa comunicación actual. A Xornada terá lugar na cidade da Coruña, o sábado 28 de setembro de 2019 no Hotel Meliá María Pita, situado en Avda. Pedro Barrié de la Maza, número 3.
O programa desta II Xornada de Comunicación e Protocolo do CEG desenvolverase en sesión de mañá e tarde. Ás 9:00 horas terá lugar a recepción e benvida para dar comezo ás 09:30 horas á primeira intervención titulada “Formas de traballar a comunicación” a cargo de Pedro Tarquis, médico, xornalista e presidente de Areópago Protestante. Tras unha pausa ás 11:30 horas, Pedro Tarquis retornará con outra intervención cuxo título responde a: “Formas de traballar a comunicación dende un Consello Evanxélico”.
En sesión de tarde, ás 16:00 horas, a conselleira de Comunicación do CEG será quen nos fale sobre: ”Comunicación, protocolo e relacións institucionais”. A xornada de tarde concluirá coa intervención de Daniel Hofkamp, director de Protestante Dixital co título “A Comunicación e o uso das redes sociais”.
O prezo da inscrición que inclúe coffee break e café de tarde é de 6 euros.
Para asistir a esta xornada será requisito imprescindible cubrir e enviar o formulario de inscrición. No caso de ter calquera dúbida no momento de encher o formulario pode chamar ao seguinte número de teléfono 619235304, ata o 24 de setembro de 2019. O aforo é limitado. O pago poderase realizar en efectivo o mesmo día da celebración da xornada.
Pode tamén INSCRIBIRSE na seguinte ligazón:
Ligazón: https://conselloevanxelico.org/jornadascomunicacion