FEREDE e CEG organizan unha xornada de formación sobre Capelanía Penitenciaria

O vindeiro sábado 13 de setembro, o Centro Cristiano de Santiago de Compostela será o escenario dunha destacada Xornada de Formación sobre Capelanía Penitenciaria en Galicia, organizada polo Consello Evanxélico de Galicia (CEG) en colaboración coa Federación de Entidades Relixiosas Evanxélicas de España (FEREDE).

Esta iniciativa, que se desenvolverá entre as 10:00 e as 15:00 horas, está orientada a formar, capacitar e animar a aquelas persoas que senten un chamado ao servizo cristián no contexto penitenciario, un eido de misión tan relevante como esquecido.

O programa dividirase en dúas partes:

Primeira Parte (10:00 – 12:00h)

  • Devocional de apertura, a cargo do presidente do CEG (10:00 – 10:15h).
  • Relatorio: “O Servizo Común de Asistencia Relixiosa Evanxélica (SCARE) Penitenciaria”, impartido por Julio García Celorio (10:15 – 11:30h).

PAUSA para café (11:30 – 12:00h)

Segunda Parte (12:00 – 15:00h)

  • Relatorio: “Aspectos xurídicos e normativos aplicables e medio penitenciario”, a cargo de Josué Pradas (12:00 – 13:30h).
  • Relatorio: “Pastoral penitenciaria e psicoloxía”, impartido por Samuel López (13:30 – 15:00h).

Desde o CEG destácase que esta xornada é unha oportunidade clave para reforzar o testemuño cristián dentro do sistema penitenciario e preparar a obreiros e obreiras con vocación de servizo neste ámbito. A formación abordará tanto o marco legal como os aspectos pastorais e psicolóxicos da labor en prisión.

Anímase especialmente ás igrexas evanxélicas a:

  • Difundir esta xornada entre as súas congregacións.
  • Identificar e recomendar persoas con sensibilidade e vocación cara ao ministerio penitenciario.
  • Brindar apoio espiritual e práctico a quen desexe formarse nesta tarefa.

Inscrición e requisitos

Para participar, é requisito pertencer a unha igrexa integrada en FEREDE e no Consello Evanxélico de Galicia.
O prazo de inscrición remata o 3 de setembro e debe realizarse a través do formulario en liña dispoñible na seguinte ligazón:

Ligazón para acceder ao formulario de inscrición a través do cartel.

https://forms.office.com/e/a3W1dd2tg3