Ensino Relixioso Evanxélico para o curso 2023-2024

Para cursar a materia de Ensino Relixioso Evanxélico é preciso  ter cumprimentada a solicitude e logo  presentala no centro educativo correspondente. Todos aqueles alumnos que o próximo curso desexen cursar ERE deberán ter presentada a solicitude en tempo e forma.

O prazo de inscrición para o próximo curso 2023-2024 abrangue dende o día 20 ata 30 de xuño para educación infantil e primaria. Este prazo será o mesmo tanto para os alumnos que empecen por primeira vez no colexio como para aqueles que estiveron matriculados en cursos anteriores.

Pola súa banda a Consellería de Ensino Relixioso Evanxélica (ERE) do Consello Evanxélico de Galicia (CEG) agradece que se envíe unha copia da solicitude presentada no colexio ou instituto ao seguinte
correo:
ere.consello@gmail.com  ou conselleriaere@conselloevanxelico.org para dar seguimento ao cumprimento da petición.

Cada ano durante o período de matrícula pódese solicitar cursar a materia optativa de Ensino Relixioso Evanxélico en todas as etapas ou nos ciclos de educación infantil, primaria e secundaria en calquera centro educativo público. Para iso contamos co amparo legal na nosa Constitución Española reflectido no seu artigo 16, así como cos Acordos de Cooperación co Estado Español de 1992 e coa Lei Orgánica de Educación, que garante que se imparta a materia optativa de relixión cristiá evanxélica no sistema público do ensino.

Cabe recortar tamén que non é necesario pertencer a ningunha confesión relixiosa para solicitar cursar esta materia.

 

 Para descarga la solicitud clicar aquí: ModeloSolicitudlomce-1

A continuación poderá ollar o vídeo promocional sobre la ERE para el curso 2022-2023.

https://youtu.be/TMh5HwCjk68