Vigo clausura o 500 Aniversario da Reforma

Julio Torres e Cayetano Rodríguez, concejal Cultura de Vigo

Con motivo da celebración do 500 Aniversario (1517-2017) durante a segunda semana do mes de novembro de 2017, as Igrexas Evanxélicas de Vigo organizaron varios eventos conmemorativos. O acto de apertura, o luns, día 6 de novembro, arrincou coa inauguración da Exposición Itinerante de Biblias da Reforma na Casa da Cultura de Vigo onde se puido mostrar desde un punto de vista histórico cultural a valiosa colección. Conta con máis de 100 exemplares dunha colección histórica de Biblias antigas, estudos de códices, primeiras impresións, edicións católicas e protestantes, traducións en varios idiomas incluído o calou e curiosidades. A mostra permaneceu aberta ata  o sábado, 11 de novembro e contou coa presenza de varios representantes institucionais, entre eles, unha deputada polo Partido Popular, o concelleiro de Cultura do Concello de Vigo así como o alcalde da cidade, entre outros.

Así mesmo, tamén recibíronse varias confirmacións de asistencias, de diferentes representantes institucionais para o evento do Concerto de Coro e Orquestra do 500 Aniversario do 12 de novembro, cuxo director Emilio Lagos conta cunha dilatada experiencia en dirección de corais. Este coro está composto de 120 voces e músicos de diversas Igrexas Evanxélicas de Galicia no cal participan tres xeracións de diferentes familias galegas.

O día 6 de novembro,  tivo lugar a conferencia a cargo do Dr. Carballosa no Club Faro de Vigo ás 20:00 horas, baixo o título “A Reforma Protestante: A súa necesidade e o seu impacto no mundo”. Evis Luís Carballosa é fillo de emigrantes galegos en Cuba e residente en Galicia desde hai máis de 30 anos. Comezou repasando a historia da igrexa e debullou as principais doutrinas evanxélicas a partir das reformas procedentes de Lutero e Calvino explicando o impacto que esta revolución relixiosa supuxo no século XVI, ata chegar á actualidade.

Evis Luis Carballosa e Rosa Rodríguez Gallego

Outro dos actos foi a presentación do libro titulado “Historia da Reforma do século XXI” do pastor protestante suízo e historiador da Reforma Jean Henry Merle D’Aubigne que se realizou o día 8 de novembro na sala de exposicións da Casa da Cultura Galega ás 19:00 horas.