ACTOS CONMEMORATIVOS DO 500 ANIVERSARIO DA REFORMA EN LUGO
Con motivo do 500 Aniversario da Reforma (1517-2017), a Asociación de Pastores da Igrexa Evanxélica de Lugo ten organizados varios actos conmemorativos na cidade de Lugo que se desenvolverán ao longo desta próxima semana baixo o lema: “Despois da tebras, a luz”.
Para a súa preparación contouse coa colaboración de varias entidades como Deputación de Lugo, o Concello de Lugo, a Asociación Cultural Kalos, o Consello Evanxélico de Galicia e a Agrupación Estatal do V Centenario de la Reforma. Ademais, contarase tamén coa presenza e participación de varias autoridades nestes actos conmemorativos.
Inauguración da Exposición itinerante de Biblias antigas : “Biblias da Reforma”
O martes, 14 de novembro de 2017, ás 20:00 horas terá lugar á inauguración da Exposición: “Biblias da Reforma” cunha breve visita guiada onde se explicará dende un punto de visto histórico cultural a valiosa colección. Será no Centro Cultural Vello Cárcere sito na Av.Alcalde Anxo López Pérez nº 34 de Lugo. Conta con máis de 100 exemplares dunha colección histórica de Biblias antigas, estudos de códices, primeiras impresións, edicións católicas e protestantes, traducións en varios idiomas incluído o caló e curiosidades. Esta exposición Itinerante, exposta en nove cidades galegas, só poderá visitarse na cidade de Lugo ao longo desta próxima semana, en horario de 11:00 a 14:00 e de 17:30 ata 20:30 horas. A entrada é libre.
Conferencia
Será, o venres 17 de novembro ás 20 horas, na Deputación de Lugo, R/San Marcos s/n. Lugo. A conferencia, co título “A Revolución de Lutero” a cargo de Jaime Fernández Garrido, escritor e director do programa “Nacer de Novo” da CRTVG, tratará sobre as importantes consecuencias que tiveron lugar por causa do movemento da Reforma no ámbito social, económico, político e relixioso tanto en Europa como posteriormente en España.
Concerto de Coro y Orquestra
O sábado, 18 de novembro de 2017 a las 19:00 horas concluirase o programa conmemorativo coa actuación dun concerto do Coro e Orquestra do 500 Aniversario baixo a dirección de Emilio Lagos, no Auditorio Municipal Gustavo Freire, sito no Parque da Milagrosa, Av. da Coruña s/n, de Lugo. A duración del concerto será de 75 minutos. O estilo de música que nos ofrecerán neste festival versa sobre a música de la Reforma e a música Góspel. A entrada é libre e de balde ata completar aforo.
Para máis información:
Marcos Zapata, coordinador en Lugo do V Centenario da Reforma no 677 27 77 21
ou no correo: comunicacion@conselloevanxelico.org