O Consello Evanxélico de Galicia celebra este sábado na Coruña o Día do Evanxeo cunha marcha e a Festa da Esperanza
O Consello Evanxélico de Galicia celebrará o vindeiro sábado, 27 de xuño, o Día do Evanxeo e a Festa da Esperanza cunha marcha polo centro da Coruña e un festival aberto ao público nos Xardíns de Méndez Núñez.
A xornada comezará ás 17:30 horas cunha marcha baixo o lema “Familia e Valores como fundamento de futuro”, concibida como un acto público de convivencia e testemuño cristián. A iniciativa pretende celebrar o Día do Evanxeo e difundir os valores familiares e sociais promovidos polas igrexas evanxélicas de Galicia.
O percorrido partirá da Praza de Ourense, fronte á Subdelegación do Goberno, e continuará por Xoana de Vega, Praza de Pontevedra, San Andrés, Rúa Nova e o Obelisco, para finalizar na zona do Palco da Música dos Xardíns de Méndez Núñez.
Ao longo do percorrido participarán grupos musicais, gaiteiros, actividades culturais e diferentes expresións artísticas que acompañarán ás persoas asistentes durante o itinerario. Un dos momentos máis significativos será un acto simbólico de oración colectiva por Galicia, España e as familias.
Marcha
“Familia e Valores” e Festa da Esperanza con motivo do Día do Evanxeo.
Cando: Sábado, 27 de xuño de 2026.
Hora de inicio da marcha: 17:30 horas.
Saída: Praza de Ourense (fronte á Subdelegación do Goberno).
Percorrido: Xoana de Vega – Praza de Pontevedra – San Andrés – Rúa Nova – Obelisco – Xardíns de Méndez Núñez.
Hora prevista de chegada: 19:00 horas.
Festival
Ao remate da marcha dará comezo a Festa da Esperanza, un festival que se desenvolverá durante aproximadamente tres horas no Palco da Música dos Xardíns de Méndez Núñez.
Desde as 19:00 horas no Palco da Música dos Xardíns de Méndez Núñez.
O festival incluirá actuacións musicais, louvanzas, testemuños e diferentes intervencións, nun ambiente aberto a toda a cidadanía co obxectivo de celebrar o Día do Evanxeo e compartir unha mensaxe de esperanza, solidariedade e compromiso coa sociedade.
Este ano contaremos coa actuación do DJ Marcos Cruz.
Para máis información, as persoas interesadas poden poñerse en contacto co Comité Organizador a través do pastor Javier Otero Sousa, chamando ao 675 838 688.
