Prazo de inscrición aberto para dar clase de relixión evanxélica (ERE)

A Consellería de Ensino de Relixión Evanxélica (ERE) do Consello Evanxélico de Galicia anima a que todas aquelas persoas que cumpran os requisitos necesarios para dar clase en centros públicos se inscríban nas listas para o persoal docente interino e substituto nas especialidades de:

-701402 Relixión Evanxélica  (primaria) y  -702403 Relixión Evanxélica (secundaria).

O prazo de presentación de solicitudes é de 5 días hábiles, a contar desde o día seguinte ao da súa publicación no portal educativo www.edu.xunta.gal (data de publicación: 24/10/2024). Nese caso, o prazo será desde o venres, 25 de outubro de 2024 ata o xoves 31 de outubro de 2024, ambos inclusive. 

Os requisitos necesarios para poder inscribirse serán:

  1. Titulación oficial universitaria. Diplomatura, licenciatura ou grao universitario en calquera especialidade.
  2. Acreditación do Consello Evanxélico de Galicia (CEG).
  3. Máster en formación teolóxica para a ERE (ensino relixioso evanxélica), ou Posgraduado en Formación Teolóxica para a ERE, ou ben estar matriculado no devandito Máster neste momento.
  4. Celga 4 (galego).

Para máis información poden poñerse en contacto a través do:

Correo: ere.consello@gmail.com

Teléfono: 610 022 832 

E na seguinte ligazón ao Portal Educativo da Xunta de Galicia:

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/44834

“…porque o que ensinas cambia o mundo”.