O Consello Evanxélico de Galicia, a través da súa Consellería de Asistencia Relixiosa Hospitalaria, organiza un curso de Capelanía Evanxélica Hospitalaria. Dito curso está dirixido a membros das igrexas pertencentes ao Consello (CEG). Para asistir ao curso será preciso contar co respaldo das súas respectivas igrexas e ter inquietude nesta área, con vistas a participar neste ministerio.
O curso constará de oito clases: dúas clases presenciais (a de inauguración e a final, con entrega de diplomas) e seis clases online (vía Zoom).
O inicio do curso está previsto para o domingo, 17 de novembro de 2024 no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) concretamente na sala 304 de 16:00 a 20:00 horas.
Día: 17 de novembro de 2024
Lugar: Sala 304 HULA, Lugo
Horario: 16:00 – 20:00h
PROGRAMA do primeiro día do curso (17 novembro):
1-Benvenida e devocional
2-Introdución á capelanía hospitalaria
3-Ética e confidencialidade
4-Visita ao hospital
5-Descanso
6-Ministerio de presencia: escoitar, comunicar e acompañar
7-Presentación curso Online
8-Oración final e peche
Ao longo do curso desenvolveranse os seguintes temas principais:
– O rol do capelán na contorna hospitalaria
– Fundamentos teolóxicos para a capelanía hospitalaria
– Habilidades de comunicación e escoita activa
– Acompañamento espiritual en momentos de crisis
– Bioética e conflitos inicio e final da vida
– Traballo en equipo e colaboración interdisciplinaria
Inscrición:
Por correo: info@conselloevanxelico.org
Ou ben a través do seguinte formulario: