Estimados e amados irmáns/as, estimados amigos/as:
A Xunta do Consello Evanxélico de Galicia (CEG) deséxavos un Bo Nadal e un próspero aninovo 2023. Nas festas de Nadal son moitos os compromisos que adoitan xurdir e a axenda énchese de citas que atender. Sinalemos na nosa axenda de maneira destacada asistir á cita principal, á Festa de Nadal en honra a Xesucristo, quen veu a este mundo para darnos o agasallo máis importante que é a salvación e a vida eterna con Cristo.
En Nadal, lembremos que Xesucristo é a razón da celebración, aproveitemos este tempo para encomiar e dar grazas a deus por todos os que agasallos que nos dá durante o ano.
Lucas 2: 14
“Gloria a Deus nas alturas, e na terra paz aos que gozan da súa boa vontade”.
BO NADAL!
A Xunta do Consello Evanxélico de Galicia
