Estimados e amados irmáns/ as, estimados amigos/ as:
Dende a Xunta do Consello Evanxélico de Galicia (CEG) queremos desexarvos un Bo nadal e un próspero aninovo 2022.
Anhelamos que o noso Deus trino confirme cada día nos vosos corazóns a esperanza certeira que temos no agasallo da salvación a través da fe no seu unixénito fillo, o Señor Xesucristo, quen veu a este mundo para ofrecer gratuitamente o agasallo da vida eterna a todo aquel que cre nel. Cristo é o mellor agasallo que podemos recibir, desexamos que este próximo ano poidas gozar del e descubrilo en intimidade a través do evanxeo.
Sigamos pedindo en oración e rogo en todo tempo ao noso Deus todopoderoso que traia sabedoría e bo goberno ás autoridades para que podamos vivir unha vida pacífica e tranquila, e de maneira especial roguemos tamén polo persoal sanitario para que sexan fortalecidos e poidan afrontar a carga de traballo producida pola covid19.
Marcos 10: 45 “Porque o Fillo do Home non veu para ser servido, senón para servir, e para dar a súa vida en rescate por moitos”.
Con todo o noso afecto,
BO NADAL!
A Xunta do CEG
