COMUNICADO POLO NAUFRAXIO VILLA DE PITANXO

Dende o Consello Evanxélico de Galicia desexamos transmitir o noso pesar e a nosa solidariedade nestes momentos tan difíciles polos que están a atravesar os familiares e os seres queridos dos tripulantes falecidos e desaparecidos con motivo do naufraxio do barco Villa de Pitanxo en Terranova (Canadá). Así mesmo, unímonos ao forte desexo dunha pronta recuperación aos tres tripulantes sobreviventes.

A costa galega foi testemuña da perda de moitos homes que con valentía e esforzo faenaron nas súas augas, non tan xélidas como as de Terranova pero que en tempos de temporal son tan ameazantes e mortais como as augas canadenses. O pobo galego coñece ben este sentir de ameaza. Os nosos mariñeiros foron protagonistas tantas veces de sucesos dramáticos, moi tristes e luctuosos vinculados ao traballo no mar. É ben sabido que este traballo é arriscado, perigoso e ás veces unha trampa mortal para os mariñeiros.

Outra vez, volveu suceder, o mar roxe con furor e prívanos de 21 homes de mar dende o pasado martes 15 de febreiro, deixando unha profunda ferida nas súas familias e tamén nas comunidades de mariñeiros que coñecen ben a perda de centos de tripulantes que ao longo de moitos anos tiveron que asimilar a inmensa dor que produce a despedida forzosa de compañeiros de “faena”, sabendo a súa viaxe terminou e que nunca máis volverán da súa marea a terra firme. Estes homes deixáronnos para sempre, terminaron a súa faena.

Dende o Consello Evanxélico de Galicia, conscientes de que ninguén está preparado para recibir a desconsoladora noticia de que os teus seres queridos faleceron, queremos reiterar o noso apoio e agarimo, acompañarlles na súa dor e rogar ao Deus todopoderoso que derrame do seu consolo e amor nestas circunstancias tan tristes e dramáticas. Non podemos nin imaxinar a dor que estarán a atravesar, pero oramos para que a paz do noso Señor Xesucristo tráialles o descanso necesario para superar tan grande proba.

 Co amor do Señor Xesucristo.

Salmo 119:50 NVI

 << Este é o meu consolo no medio da dor: que a túa promesa dáme vida>>

  Consello Evanxélico de Galicia

Dende o Consello Evanxélico de Galicia desexamos transmitir o noso pesar e a nosa solidariedade nestes momentos tan difíciles polos que están a atravesar os familiares e os seres queridos dos tripulantes falecidos e desaparecidos con motivo do naufraxio do barco Villa de Pitanxo en Terranova (Canadá). Así mesmo, unímonos ao forte desexo dunha pronta recuperación aos tres tripulantes sobreviventes.

A costa galega foi testemuña da perda de moitos homes que con valentía e esforzo faenaron nas súas augas, non tan xélidas como as de Terranova pero que en tempos de temporal son tan ameazantes e mortais como as augas canadenses. O pobo galego coñece ben este sentir de ameaza. Os nosos mariñeiros foron protagonistas tantas veces de sucesos dramáticos, moi tristes e luctuosos vinculados ao traballo no mar. É ben sabido que este traballo é arriscado, perigoso e ás veces unha trampa mortal para os mariñeiros.

Outra vez, volveu suceder, o mar roxe con furor e prívanos de 21 homes de mar dende o pasado martes 15 de febreiro, deixando unha profunda ferida nas súas familias e tamén nas comunidades de mariñeiros que coñecen ben a perda de centos de tripulantes que ao longo de moitos anos tiveron que asimilar a inmensa dor que produce a despedia forzosa de compañeiros de “faena”, sabendo a súa viaxe terminou e que nunca máis volverán da súa marea a terra firme. Estes homes deixáronnos para sempre, terminaron a súa faena.