Curso para capelanía polo Consello Evanxélico de Galicia

O Consello Evanxélico de Galicia (CEG) lembra a información a ter en conta para aqueles que estean interesados en realizar o curso para capelanía.

O CEG informou no email enviado o pasado 23 de xuño do 2023 ás igrexas membros do CEG, a intención de comezar a traballar nos centros hospitalarios da Comunidade Autonóma de Galicia este próximo outono. Lembrouse que foi asinado o pasado mes de novembro 2022 o Convenio entre o Consello Evanxélico de Galicia e o Servizo Galego de Saúde para a “asistencia relixiosa evanxélica nas institucións hospitalarias do Servizo Galego de Saúde”.

A data final para presentar os nomes dos candidatos propostos por cada igrexa será o martes 5 de setembro do 2023, segundo o anexo que se enviou co perfil requirido. A continuación abriríase un proceso de entrevistas entre o mércores 6 e o mércores 13 de setembro do 2023.

Detalles do curso de formación para capelanía

Unha das condicións para que os capeláns poidan servir neste ministerio é a adecuada formación destes. Para iso, desde a Consellería de Asistencia Relixiosa Evanxélica en Hospitais (AREH) impartirase un curso de formación, o cal se iniciará no mes de outubro e constará de dous días de asistencia presencial (o primeiro e ultimo do curso) e outras 10 sesións semipresenciais en liña.

METODOLOXÍA do curso para capelanía

  • PRESENCIAL
  • 1º Encontro. Ao comezo do curso para toma de contacto, explicación do curso e coñecer o hospital.
  • 2º Encontro. Ao remate do curso para entrega de diplomas.
  •  
  • ONLINE
  • Lecturas e materiais do curso.
  • Encontro por Zoom quincenal para abordar cada tema.
  • Exames e avaliación.
  • Recursos e ferramentas prácticas para o capelán
  • Bibliografía e recursos recomendados para a capelanía hospitalaria.
  • Cómo utilizar a tecnología e as redes sociales no ministerio.
  • Xestión administrativa e documentación no entorno hospitalario.
  • Práctica e Avaliación
  • Exercicios prácticos de acompañamento espiritual e simulaciones de casos.
  • Sesiones de supervisión e retroalimentación.
  • Avaliación final e entrega de certificados de finalización.

Para cualquiera dubida o aclaración, así como para a presentación de candidaturas, poden ponerse en contacto a través do siguinte e-mail:  garciajoseantonio777@gmail.com   do conselleiro de Asistencia Religiosa en Hospitais do CEG, José Antonio García.

Sobre o curso de formación, achégase carta do conselleiro de Asistencia Religiosa, José Antonio García, con máis detalles sobre o respetivo curso.

Anexo da carta sobre o curso de formación de capellanía, no seguinte enlace,

Carta solicitude de candidatos curso capelanía

 

José Antonio García

Conselleiro de AREH