Comunicado evolución do presidente do Consello Evanxélico de Galicia

A comunidade evanxélica en Galicia permanece vixiante e esperanzada tras os avances positivos na saúde de Miguel Zapata Alcayde, presidente do Consello Evanxélico de Galicia (CEG) e pastor da Igrexa Pentecostal de Deus en Vigo, quen, tras o grave accidente que sufriu o 20 de febreiro na cidade de Vigo, foi trasladado hoxe, martes 17 de marzo, da Unidade de Coidados Intensivos (UCI) a unha planta xeral.

Este avance representa un paso significativo cara adiante tendo en conta a condición crítica na que se atopaba nas primeiras horas tras o incidente, no que foi atropelado por un autobús de transporte público. Aínda que o seu estado segue a requirir atención médica e vixilancia, a mellora observada nas últimas horas ofrece esperanza para a súa recuperación.

A Xunta Directiva do Consello Evanxélico de Galicia continúa pedindo oración e apoio espiritual, expresando o seu profundo agradecemento polas incontables mostras de apoio recibidas. Tamén subliña a importancia de apoiar á súa familia durante este proceso.

A comunidade de fe, unida na oración, celebra este progreso con cautela e confianza, continuando a confiar no seu pleno restablecemento en Deus e permanecendo atenta ás futuras actualizacións oficiais sobre o seu estado.

A Xunta Directiva do Consello Evanxélico de Galicia