O Presidente do Consello Evanxélico de Galicia, Miguel Zapata Alcayde, quen sufriu un grave accidente o 20 de febreiro na cidade de Vigo logo de ser atropelado por un autobús de transporte público, recibiu a alta hospitalaria.
Aínda que continúa de baixa médica, a evolución favorable da súa saúde permítelle continuar a súa recuperación no fogar.
A súa familia, a súa igrexa e a comunidade evanxélica de Galicia expresan o seu profundo agradecemento polas oracións e o apoio recibidos durante este tempo.
A Xunta Directiva do Consello Evanxélico de Galicia continúa pedindo oración e apoio espiritual, e agradece sinceramente a todas as persoas as innumerables mostras de agarimo e solidariedade.
A Comunidade Evanxélica de Galicia, unida na oración, acolle esta noticia con gratitude, confiando en Deus e encomendando a súa completa recuperación a Él.
Xunta Directiva do Consello Evanxélico de Galicia
