Pontevedra celebra o V Centenario da Reforma

Varias conferencias, a proxección da película Lutero e un concerto tamén formarán parte desta celebración.

A inauguración da exposición de Biblias será o día 2 de maio de 2017 na sede de Afundación de Pontevedra ás 13:00 horas. Está exposición conta cunha valiosa e extensa colección histórica de Biblias antigas, códices, facsímiles, primeiras traducións e impresións e outros exemplares bíblicos.


A exposición de Biblias distribúese en varias seccións. Nunha das cales se expoñerán as orixes da Biblia e poderanse ver reproducións de rolos antigos así como unha mostra de papiros. Nesta sección destácase ademais a importancia que para os primeiros cristiáns tivo a Biblia.


A primeira conferencia titulada “A orixe e fundamento da Reforma Protestante” correrá a cargo do teólogo, Heber Torres e terá lugar o mesmo día 2 de maio pola tarde, na sede de Afundación de Pontevedra ás 20:30 horas.


No seguinte día 3 de maio impartirase a segunda conferencia prevista, e contará coa participación de Timoteo Glasscok, pastor da Igrexa Evanxélica de Asembleas de Irmáns da Coruña, ás 20:30 horas, quen nos falará sobre “A Biblia na Reforma”.


Será o xoves, 4 de maio, cando se proxecte a película de Lutero tamén na sede de Afundación ás 20:00 horas.
Como punto de peche o sábado, 6 de maio celebrarase un concerto de Coro e Orquestra do 500 aniversario da Reforma, composto por 120 voces e músicos de diversas Igrexas Evanxélicas de Galicia. A actuación comeza ás 19:30 horas na mesma sede de Afundación.

En todas as actividades a entrada será libre e gratuíta.