Olimpíadas Evanxélicas de Galicia 2019

Momento antes del inicio de la marcha
Momento antes do comezo da marcha

O 20 º Aniversario das Olimpíadas Evanxélicas de Galicia celebráronse o sábado, 1 de xuño no Estadio Universitario do Campus de Elviña da Coruña. As olimpíadas foron organizadas pola Agrupación Deportiva Evanxélica de España. Este tipo de xogos olímpicos celébranse, en varias comunidades autónomas (en Madrid, Barcelona…).

A diferenza con edicións anteriores é que ao ser o 20º aniversario houbo unha actuación especial, que contou co desfile de 20 mascotas, así como unhas palabras do presidente da Federación Galega de Atletismo e dunha moza deportista de patinaxe artística que participou en campionatos internacionais. Ademais, nas pistas do Estadio Universitario do Campus de Elviña tivo lugar unha maratón popular onde participaron tamén as persoas maiores acompañantes dos atletas.
Inscribíronse nas probas de atletismo máis de 350 nenos/ as de toda Galicia. As idades dos nenos e nenas comprenden un tramo que oscila entre os 4 e os 16 anos.

O horario do programa destas olimpíadas foi o seguinte:

Acto de presentación: 16: 30 horas.
Aínda que as competicións comezaron pola mañá, o desfile e o acto de presentación, como vén sendo habitual foi pola tarde. Este acto deu comezo co desfile de todos os nenos/ as realizando un percorrido pola pista portando o facho e dando lugar ao aceso do pebeteiro.

Salto de lonxitude

Horario da xornada de mañá foi: de 11:00 a 14:00 horas. A apertura comezou coa proba de maratón segundo idades e concluíu coa entrega de medallas para as respectivas probas. Posteriormente realizáronse as outras probas de atletismo (carreiras lisas, substitucións, salto de altura, salto de lonxitude, lanzamento de peso…).

Horario da xornada de tarde: de 16:30 a 19:00 horas. Comezou a xornada de tarde coa presentación ás 16:30 horas. Ao termo deste acto renováronse as probas de atletismo (substitucións, carreiras…), para concluir coa entrega de medallas e copas ás 19:00 horas.

Como anécdota dicir que uns foguetes amarrados ao chan no momento de acenderse provocaron un pequeno incendio nunhas matogueiras próximas ao lugar desde onde se lanzaron. O incendio foi extinguido con rapidez polos bombeiros.