Inaguración da exposición de Biblias da Reforma na Coruña

Para o venres, 15 de setembro ás 19:00 horas na Biblioteca pública González Garcés da Coruña. Inauguración de Exposición de Biblias: “Biblias da Reforma”, Conferencia sobre: “A convicción dos reformadores” e presentación do libro “A historia da Reforma do século XVI”.

Con motivo do 500 Aniversario da Reforma (1517-2017), a Asociación de Pastores da Igrexa Evanxélica da Coruña en colaboración coa Biblioteca González Garcés, Delegación da Consellería de Cultura da Coruña, Xunta de Galicia, Consello Evanxélico de Galicia (CEG) e a Asociación Cultural Kalos, organizou varios eventos conmemorativos na cidade da Coruña co lema Despois da tebras, a luz.

Inauguración de Exposición de Biblias: “Biblias da Reforma”

O venres, 15 de setembro ás 19:00 horas, está prevista na Biblioteca González Garcés a inauguración de exposición de Biblias baixo o título “Biblias da Reforma”. A clausura terá lugar o sábado 23 de setembro ás 14:00 horas. A entrada é libre e poderá visitarse en horario de 8:30 a 20: 30 horas de luns a venres e sábados de 10:00 a 14:00 horas.

Conferencia sobre: “A convicción dos reformadores”

Posteriormente ás 19:30 horas no salón de actos da biblioteca, dará comezo a conferencia a cargo do Doutor Luís Carballosa titulada “A convicción dos reformadores”na cal fará un breve percorrido polos 5 puntos principais da Reforma.

Presentación do libro “A historia da Reforma do século XVI”

A continuación e para concluír, ao finalizar a conferencia, o Doutor Carballosa, quen realizou o prólogo do libro recentemente traducido e titulado “A Historia da Reforma do século XVI” escrito polo historiador e teólogo J.H.Merle D’Aubigné hai máis de 150 anos, será quen o presente. Este libro céntrase na biografía de Lutero e a Reforma en Alemaña.

 

Consellería de Comunicación do CEG