Bo Nadal e próspero ano 2021

Estimados e amados irmáns/ as, estimados amigos/ as:

A Xunta do  Consello  Consello  Evanxélico de Galicia (CEG) quere desexarvos, Bo nadal!

Que Deus o noso Pai e o Señor Xesucristo a través do seu Santo Espírito concédavos graza e paz neste tempo. Todos sabemos que este ano foi diferente en moitos aspectos por causa da pandemia do  covid19 e aínda que algúns vimos partir seres queridos, a nosa esperanza está en Xesucristo o noso Señor e Salvador.

Rogamos neste tempo ao noso Deus todopoderoso que dea sabedoría e acerto aos nosos gobernantes e á comunidade sanitaria para que podamos vivir unha vida  pacifica e tranquila con saúde.

Lucas 2:10-11

“Pero o anxo díxolles: Non temades; porque velaquí douvos novas de gran gozo, que será para todo o pobo, que vos naceu hoxe, na cidade de David, un Salvador, que é CRISTO o Señor”.

Con todo o noso afecto,

BO NADAL E PROSPERO ANO NOVO 2021

A Xunta do CEG