España Oramos por Ti – Galicia 2016

A Coruña, 11 de xuño ás 17:00h – Saída da Praza de Ourense
En Galicia, concretamente na cidade da Coruña está previsto o desenvolvemento do programa de España Oramos por ti mediante as seguintes actividades: Almorzo de Oración, Marcha e Festival.

Cada ano aproveitase o evento para concienciar á nosa sociedade dun problema social, unha causa que nos afecta a todos (crentes e non crentes), e da que todos temos algo que dicir e sobre todo algo que facer. Este ano todo o evento virará ao redor da seguinte causa social: Escravitude Sexual no S. XXI.

A escravitude sexual é unha das maiores secuelas da nosa sociedade. Por volume de negocio
alcanza a terceira posición deste ignominioso ránking. E España é o segundo país europeo receptor e consumidor de prostitución así como de ¡trata de branca! Sen ningunha dúbida, é unha causa digna de ser exposta e denunciada publicamente en toda ocasión.

Almorzo de oración
O 11 de xuño, ás 10.30 h., no Hotel Trip María Pita celebrarase un Almorzo de Oración. Estarán presentes os líderes evangélicos máis representativos da nosa Comunidade Autónoma. Esperamos contar coa presenza de Autoridades Locais e Provinciais da Coruña. Será un evento dunha hora aproximada de duración, co obxectivo de orar por España, e moi especialmente por Galicia.

Marcha
Todas as Igrexas Evanxélicas de Galicia están convocadas o 11 de xuño ás 17.00 h. á marcha de España Oramos por Ti. A saída da mesma arrincará da Praza de Ourense e fiinalizará o percorrido na chaira do Parrote O acto é moi festivo e alegre, con diversas proclamas e manifestacións coloridas propias da cultura evanxélica.

Festival
Este ano concluirase España Oramos por Ti cun gran festival o cal se mostrará na chaira do Parrote, onde se exporá toda a información posible sobre a causa social a tratar. Así pois, haberá casetas de información sobre as distintas Ong que traballan no campo da loita contra a escravitude sexual no s. XXI. Igualmente un grupo de mozos realizarán un Flashmob de denuncia, diversos teatros tamén de denuncia sobre a causa e lérase un manifesto de condena respecto do tema. Ademais, contaremos coa presenza dun grupo de baile e varias participacións musicais especiais que nos amenizarán durante o festival. Incluiremos algún motivo concreto de oración por esta causa e pola nosa nación, motivo principal do evento España Oramos por Ti. A duración do evento será como máximo de dúas horas.