Campaña de recollida de produto de hixiene para refuxiados


O Consello Evanxélico de Galicia (CEG), dentro do programa anual de actividades da plataforma España Oramos por ti, realizará unha campaña do 15 ao 27 de maio de recollida de produtos de hixiene a través da ONG REMAR para os campos de refuxiados en Grecia.

Con motivo do programa de actividades, incluído no proxecto anual España Oramos por ti (www.espanaoramosporti.es  y en www.facebook.com/galiciaoramosporti/), vai levar a cabo unha campaña de recollida de produtos de hixiene en Galicia para os campos de refuxiados que se atopan principalmente na illa de Lebos. 
A ONG Remar será a encargada de recoller os produtos que se doen. A través desta campaña pídese a colaboración da cidadanía. Os produtos de maior necesidade neste momento son os seguintes: 1) Xampú, 2) Xel de baño, 3) Coitelas de afeitar, 4) Escuma de afeitar, 5) Xabón de lavadora, 6) Xabón da lavar a man, 7) Cueiros, 8) Desodorizante, 9) Cousas de hixiene persoal en xeral, non compresas, xa que este momento hai provisión. 

O día que finaliza a campaña de recollida de produtos, terá lugar tamén un almorzo institucional, no Hotel Trip Coruña ás 10:30 horas, este forma parte das actividades da plataforma España Oramos por ti onde confirmaron a súa asistencia autoridades políticas, persoas do mundo da cultura e da acción social. Neste almorzo, intervirán dous voluntarios da ONG Remar que están a traballar en primeira liña cos refuxiados en Grecia para contar o labor do día a día que se realiza nos campos. E pola tarde celebrarase unha marcha na Coruña polo mesmo tema, denunciando a situación actual dos refuxiados.

A relación de tendas e lugares en Galicia, onde se poden doar os produtos é a seguinte: Na Coruña: 1) C/ Rolda de Outeiro nº 265 Baixo, 2) C/San Vicente nº 39 Baixo, 3) Estrada Haciadama s/n , nave O burgo, 4) Avda. Arteixo A Coruña nave 2, Meiciende-Arteixo, 5) C/Pasteur nº 12, Polígono A Grela, A Coruña, telefóno central 981 153089.

En Ferrol: Polígono da Gándara, nave 46 Ferrol. En Santiago: 1) Avda. Rodríguez de Vigurí nº 29. Tef. 981 584 985. 2) Rúa García Prieto, nº 46-48 baixo esquerda. En Lugo: 1) Avda. de Benigno Rivera, nº 29, Polígono Industrial Ceao C.P.27003, 2) Avda. da Coruña, nº 194, C.P. 27003 3) Praza de Alacante, nº 2, C.P.27004, tfno. 982 246 968. En Ourense: 1) Avda. Santiago, nº 74, 2) C/ Galicia, nº 3, 3) Avda. Portugal, 150. Tefn: 988 214 602. En Pontevedra: 1) Menéndez Pelayo, nº 28, 2) C/ Alcalde Portanet 26, estrada Porriño a Redondela, nº 10. Tefn: 986 336 082.

A Coruña, 15 de maio de 2017

Para máis información:
Antonio Pazos, Coordinador da campaña de recollida de REMAR, móbil: 636464259
www.remar.org