A Coruña conmemora o 150 aniversario da Igrexa Evanxélica coa exposición “Biblia, cultura e colportores”

A Igrexa Evanxélica O Camiño (A Coruña) comprácese en anunciar a inauguración da exposición temporal “Biblia, cultura e colportores”, unha mostra que forma parte dos actos conmemorativos polo 150 aniversario da presenza de la Iglesia Evanxélica na cidade da Coruña.

Esta exposición propón un percorrido pola historia, a cultura e a fe que acompañaron ao movemento evanxélico galego desde as súas orixes, destacando o papel fundamental dos colportores, aqueles homes que, con esforzo e convicción, difundiron a Biblia e a esperanza do Evanxeo por toda Galicia.

A Igrexa Evanxélica O Camiño, lémbranos que: “esta exposición é unha homenaxe á fe, ao esforzo e á vocación de servizo que marcaron a historia da nosa Igrexa ao longo de século e medio. Desexamos que este encontro co patrimonio evanxélico sexa tamén un espazo de reflexión e gratitude”.

 

O presidente de la Iglesia Evanxélica O Camiño, Don Carlos López Sánchez, estende unha invitación aberta a toda a comunidade para participar neste evento conmemorativo.

 

Detalles da exposición

  • Título: Biblia, cultura y colportores
  • Inauguración: venres, 7 de novembro de 2025, ás 19:00 h
  • Lugar: Biblioteca Pública Miguel González Garcés
    C/ Miguel González Garcés, 1 – A Coruña
  • Datas de visita: do 7 ao 15 de novembro de 2025, ambos inclusive
  • Entrada libre e gratuíta

Colaboracións e apoio institucional

Este evento, que celebra século e medio de testemuño evanxélico na cidade, está patrocinado pola Igrexa Evanxélica da Coruña e conta coa colaboración da Consellería de Cultura e Mocidade da Xunta de Galicia, así como de diversas institucións ou entidades culturais e sociais comprometidas coa difusión do patrimonio e a memoria histórica de Galicia, entre as que se atopan:

  • BonHome Iglesia Evanxélica
  • Sociedade Bíblica
  • Consello Evanxélico de Galicia