A ONG FIET visibiliza en Santiago o drama da explotación sexual e a trata

A ONG FIET visibiliza en Santiago o drama da explotación sexual e a trata de persoas coa impactante acción ‘Ponte nos seus zapatos’

Con motivo do Día Internacional contra a Explotación Sexual e a Trata de Persoas, celebrado onte mércores 23 de setembro, desde a ONG FIET impulsouse unha abraiante iniciativa na Praza Roxa de Santiago de Compostela. Baixo o lema ‘Ponte nos seus zapatos’, a praza converteuse no escenario dunha instalación con sete pares de zapatos que daban voz ás historias reais de sete mulleres sobreviventes, co firme obxectivo de denunciar e concienciar sobre esta terrible realidade.

O pastor Javier Otero, vogal da Xunta Directiva de FIET lembrou durante o acto de presentación que a trata é “unha praga que moitas veces é invisible, que parece que non a hai, pero que existe, e existe moi preto de nós”. Así mesmo, advertiu que os delitos de explotación desenvólvense hoxe en día en espazos cotiáns como pisos privados e hoteis. Ademais, incidiu no complexo contexto de Galicia, onde factores como a dispersión poboacional, a persistencia de clubs de alterne e os roteiros de chegada de vítimas (como as procedentes do Brasil a través de Portugal) dificultan a identificación, sumado á alta mobilidade das redes, que trasladan ás mulleres cada dúas ou tres semanas.

 

Respaldo institucional e de autoridades

O acto contou cun salientable apoio e recepción de representantes das distintas administracións públicas, que acompañaron na visibilización desta causa:

Obdulia Taboadela Álvarez, Subdelegada do Gobierno na Coruña.
María Blanco Aller, Directora Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia na Coruña.
María del Mar García Vidal, Deputada de Política Social, Educación e Mocidade da Deputación da Coruña.
María Rozas, Concelleira de Políticas Sociocomunitarias e Servizos Sociais do Concello de Santiago.

Datos contundentes: A magnitude dunha realidade con rostro humano

Durante o encontro, a subdelegada do Gobierno, Obdulia Taboadela, compartiu os últimos datos oficiais do Ministerio do Interior relativos ao ano 2025, os cales reflicten a gravidade da situación no noso país:

1.869 vítimas liberadas en España pola Policía Nacional e a Garda Civil de redes de trata e explotación (incluíndo a 28 menores de idade).
1.413 operacións policiais totais, que se saldaron con 1.056 persoas detidas e 112 organizacións criminais desarticuladas.
Especial incidencia na explotación sexual: Executáronse 189 operacións específicas, logrando 656 detencións e desmantelando 87 redes delituosas.

Taboadela subliñou que, máis aló do impacto dos números, “detrás das cifras hai persoas”, lembrando que o 92% das vítimas de explotación sexual son mulleres e nenas. Así mesmo, insistiu na urxencia de que as institucións garantan os recursos e o acompañamento necesarios para a súa plena integración social.

Un manifesto polo cambio e a protección

Para concluír o acto, deuse lectura a un manifesto institucional enfocado en detectar as formas de explotación menos visibles e protexer a vulnerabilidade que aproveitan as mafias. Desde FIET, en consonancia  coa súa misión e valores, salientan que fronte a unhas redes criminais en constante evolución, o desafío debe abordarse desde dúas frontes:

  1. Unha sociedade activa: Que rexeite abertamente calquera forma de explotación, denuncie ante a mínima sospeita e abrace a quen logra saír do sistema de explotación.
  2. Institucións e leis eficaces: Que respondan coa mesma rapidez que as mafias, dotando de recursos suficientes ao sistema de protección e situando de forma real ás vítimas no centro de todas as políticas.
Ler manifesto completo: Manifiesto Gallego Fiet

A ONG FIET ofrece programas integrais de acollida e apoio multidisciplinar para mulleres sobreviventes de trata e explotación. Para denuncias e asistencia urxente as 24 horas, atópanse dispoñibles o Teléfono de Axuda Contra a Trata de FIET 900 759 759. Para máis información, visita somosfiet.com

Reportaxe fotográfico