Festival de Nadal evanxélico na Coruña: unha celebración en unidade
O pasado sábado 13 de decembro de 2025, ás 18:00 horas, celebrouse na cidade da Coruña o Festival de Nadal Evanxélico, un encontro organizado pola Asociación de Pastores Evanxélicos da Coruña co propósito de celebrar o Nadal en unidade e comuñón entre as distintas igrexas e a cidadanía.
O acto tivo lugar no local da Igrexa Centro de Adoración, situado na rúa Isaac Peral nº 8, no Polígono de A Grela, un espazo que acolleu a numerosas familias e asistentes nun ambiente de alegría, fraternidade e celebración cristiá.
Durante o festival desenvolveuse un variado programa que incluíu cantos de Nadal, a exposición da Palabra de Deus sobre o Evanxeo de San Xoán 3:16, a cargo do pastor da Igrexa Evanxélica Bautista de Sada, don Simón Fernández, pequenas representacións teatrais con mensaxe de Nadal e danzas, poñendo en valor o significado espiritual do Nadal e o nacemento de Xesucristo. A entrada foi libre e gratuíta, o que permitiu unha ampla participación de persoas de todas as idades.
Dende a Asociación de Pastores Evanxélicos da Coruña destacouse a importancia deste tipo de encontros como testemuño de unidade, fe e esperanza, especialmente nunhas datas tan sinaladas para a comunidade cristiá.
A Asociación desexa expresar o seu agradecemento a todas as persoas participantes e asistentes, e facer chegar a toda a cidadanía os seus mellores desexos:
¡Feliz Nadal!
