Olimpíadas Evanxélicas 2025 na Coruña
O pasado sábado 14 de xuño celebrouse a 24ª edición das Olimpíadas Evanxélicas de Galicia no Estadio Universitario do Campus de Elviña, na cidade da Coruña.




Este evento, xa consolidado como unha cita emblemática para as igrexas evanxélicas da nosa comunidade, foi organizado pola Agrupación Deportiva Evanxélica de España, coa colaboración da Igrexa O Camiño, que precisamente este año 2025 está conmemorando o 150 aniversario de presenza evanxélica en Galicia, sendo unha das entidades más antigas na ciudad da Coruña.
As Olimpíadas, que tamén se celebran noutras comunidades autónomas como Madrid ou Cataluña, reúnen a nenos, nenas e adolescentes de entre 4 e 16 anos, promovendo o deporte nun marco de fraternidade cristiá, respecto mutuo e espírito de superación.
A xornada deu comezo ás 11:00 h coas primeiras probas atléticas, entre elas o tradicional maratón por idades, e prolongouse ata as 14:00 h. Pola tarde, ás 16:30 h, celebrouse o acto oficial de apertura, que como é costume incluíu o desfile de todos os atletas. Portando a antorcha olímpica, os participantes percorreron a pista para dar paso ao acendido simbólico do pebeteiro, un dos momentos máis emocionantes da xornada.

Un dos elementos máis entrañables desta edición foi a mascota oficial: a ovella «Xacinta», que fixo a súa presentación no desfile inicial. A súa presenza encheu de ledicia e entusiasmo, especialmente aos máis pequenos, converténdose nun símbolo de cercanía e unidade para todos os asistentes.
Ademais da maratón, os atletas puideron participar noutras disciplinas como as carreiras lisas, relevos, salto de altura, salto de lonxitude e lanzamento de peso. Cada participante elixiu a modalidade que máis lle apaixoaba, na que se estiveron preparando durante semanas, guiados polos seus adestradores.

Este ano, máis de 560 nenos e nenas residentes en Galicia inscribíronse para participar, o que demostra unha vez máis o crecemento do interese polas Olimpíadas e pola práctica deportiva con valores cristiáns.

A historia das Olimpíadas Evanxélicas en Galicia comezou no ano 2000 e, agás o parón obrigado pola pandemia da COVID-19 durante dúas edicións, veñen celebrándose de maneira ininterrompida na cidade da Coruña. A súa continuidade reafirma o compromiso das nosas igrexas coa formación integral da infancia e a mocidade, unindo corpo, mente e espírito.
Nesta edición que contou co respaldo do tecido congregacional gallego participaron máis dunha vintena de congregacións evanxélicas de toda Galicia, entre elas otópanse: “ Igrexa do Camiño de Asembleas de Irmáns A Coruña”, “Iglesia Evanxélica de Marín”, “A Oliveira , Iglesia Evanxélica”, “Iglesia Unida de Vigo”, “Corpo de Cristo en A Coruña”, “Boas Noticias de Lugo”, “Iglesia Boas Noticias de Ferrol”, “Mosaico, Iglesia da Coruña”, “Centro Cristián Auga Viva”, “Asembleas de Deus da Coruña”, “Asembleas de Deus. Arteixo”, “Iglesia de Lugo-Promesas”, “Iglesia de Irmáns de Riveira” , “Iglesia Evanxélica de Ares”…entre outras.
Desde o Consello Evanxélico de Galicia celebramos o éxito desta nova edición, agradecendo a Deus e aos organizadores, voluntarios, adestradores, familias e congregacións por facer posible esta xornada de comunión, deporte e fe.
