Roteiro polas pegadas do Protestantismo na Coruña

A historia esquecida dunha das entidades máis antigas de Coruña que, silenciosamente e moitas veces silenciada,  perseverou e medrou durante 150 anos, achegando liberdade, cultura, educación, reinserción, e axuda social.

  • Que podemos esperar a través deste roteiro? Descubrir lugares, personaxes e historias relacionadas co Protestantismo e as orixes da Igrexa Evanxélica establecida en Coruña en 1875, a primeira de Galicia. Falaremos da casa da Inquisición, de Manuel Curros Enríquez, dos Cemiterios en San Amaro; etc.
  • Duración: entre 90 e 120 minutos.
    Roteiro marcado no Plano da Coruña
  • Inicio: Praza de Pontevedra, preto da Pomba da Paz.
  • Final: Visita á Capela Evanxélica na rúa Curros Enríquez 43.
  • Servizos incluídos gratuítos: guía local, material impreso e acceso a máis información en liña.
  • Non incluído: comidas ou bebidas.
  • Parada segundo a necesidade.
  • Baños no roteiro: Praza de Pontevedra, Praza Santa Catalina, Praza de San Agustín, Praza de España?, Cemiterio Municipal, Campo de Marte, ao final do Roteiro.
  • Menores de idade só acompañados do seu titor legal.
  • Dependendo do día, ten en conta levar protección solar.
  • Teléfono de contacto para máis información (por WhatsApp): +34 881 183 003
  • Se che interesa pero a data non che vai ben escribe ol WhatsApp para novas oportunidades, ou utiliza o formulario.
  • O Roteiro da mañá é o mesmo que o de pola tarde.

Días: Sábado, 31 de maio de 2025, en 1ª edición; sábado, 28 de xuño en 2ª edición, e o martes, 15 de xullo en 3ª edición só pola mañá.

Saída: Praza de Pontevedra (Paloma da Paz), A Coruña

Hora: 11:00h e 18:00h

Organiza: Igrexa Evanxélica na Coruña – o Camiño

Colabora: Consulado honorario do Reino Unido en Galicia