Marcha en defensa da saúde mental: o suicidio e a necesidade dun plan de prevención baixo el lema “CRISTO É A VIDA”

A marcha convocou na Coruña a miles de persoas, que segundo datos da policía o número de participantes foi de 1.500 persoas

O pasado sábado, 22 de xuño de 2024,  celebrouse o Día do Evangelio, Festa da Esperanza, organizado polo comité ejecutivo de España Oramos por ti / Galicia Oramos por ti de A Coruña. Esta celebración enmárcase dentro do proxecto nacional de España Oramos por ti 2024 e aínda que inicialmente a MARCHA estaba prevista para o 9 de xuño, por causa das eleccións europeas o comité organizador decidiu modificar a data inicial.

Uns minutos antes da saída da marcha, na Praza de María Pita, tivo lugar a intervención de varios líderes da Comunidade Evanxélica elevando oracións polos gobernantes e por necesidades do noso país. Cabe destacar que durante unha petición de oración os participantes na marcha axeonlláronse con reverencia apoiando cun amén ás rogativas que se elevaron.

 

 

Tamén se leu un manifesto para evidenciar a problemática da saúde mental e do suicido con datos contrastados por autoridades na materia.

A Marcha, consistiu nunha mobilización de carácter festivo e a convocatoria estaba dirixida principalmente aos membros das distintas Igrexas Evanxélicas da provincia da Coruña ademais daquelas que desexasen sumarse doutras provincias de Galicia.

A convocatoria estaba programada para saír ás 5:30 da tarde da Praza de María Pita continuando o seu percorrido pola rúa Rego de Auga, rúa Real, Os Cantóns, Juana de Vega para concluír en Praza de Pontevedra, co propósito de concientizar sobre o problema da saúde mental, o suicidio e a necesidade dun plan de prevención baixo o lema de “Cristo é a vida”

Ao chegar ao final do traxecto pechouse a marcha con varias intervencións, con oración pola Nación de España, por Galicia, pola Coruña, pola saúde mental e o suicidio. Tamén se elevaron cánticos de encomios e explicouse unhas Palabras do Evanxeo a cargo do pastor Antonio Pazos. Entregáronse tratados informativos sobre o motivo da marcha durante o motivo da marcha e moitas persoas tiveron a oportunidade de escoitara mensaxe das boas novas de salvación. 

En varias provincias de España, en distintos días do mes de xuño, o pobo evanxélico sae á rúa, non para “protestar”, senón para orar e bendicir a nación marchando polas rúas de diferentes cidades nunha marcha festiva e alegre, con cantos de encomio e oracións pola nosa nación.

Festival

Aínda que estaba previsto un Festival como broche de peche do programa, por cuestións de permisos locais non foi posible a súa execución. O festival concibíase como o evento no cal se concluiría o programa do proxecto Día do Evanxeo, Festa da Esperanza. Este festival estaba pensado como un encontro de carácter festivo, onde a través das diferentes manifestacións artísticas moi presentes no pobo evanxélico ofrecíase un concerto musical. Pretendíase que fose unha oportunidade máis de mostrar á cidadanía o privilexio de vivir para Deus, á vez que unha ocasión propicia para contribuír á sensibilización cidadá sobre o tema de “A saúde mental: o suicidio e a necesidade dun plan de prevención”. Estaba confirmada a actuación do grupo de música folk “SAL150”, a cal foi anulada con tan só 2 días antes da data sinalada. O lugar previsto para o festival era na zona do Anfiteatro do Parque de Santa Margarita da Coruña ás 7:30 h da tarde.