Olimpíadas Evanxélicas – Galicia 2016

A  Agrupación Evanxélica de deportes organiza a 17ª Olimpíada Gallega unha vez máis na cidade da Coruña.

(02.06.2016) O primeiro  sábado do mes de xuño está prevista a celebración das Olimpíadas Evanxélicas de Galicia no Estadio Universitario do Campus de Elviña  da Coruña. O evento organízao a Agrupación Deportiva Evangélica de España. Este tipo de encontros olímpicos celébranse,  en varias comunidades autónomas (en Madrid, Barcelona…).

O período de inscrición estará aberto ata a semana anterior ao 4 de xuño, día da 17ª edición da olimpíada en Galicia.  O pasado ano participaron nas distintas probas de atletismo preto de 300 nenos/as de toda Galicia. As idades dos nenos e nenas comprendían o tramo que oscila entre os 4 e os 16 anos. O horario do programa das olimpíadas será similar ao do pasado ano e é o seguinte:

Acto oficial de presentación enpezará ás 15: 30 horas.

Aínda que as competicións abriranse pola mañá, o desfile  e o acto oficial de presentación, como  xa é habitual será pola tarde.  Este parte do evento dará comezo co desfile de todos os nenos/as realizando un percorrido pola pista portando o facho e dando lugar ao prendido do pebetero.

O horario da xornada de mañá abrangue dende ás  10:30 ata 14:00 horas. Iníciase coa proba de maratón segundo idades. A continuación terá lugar a entrega de medallas desta proba. Posteriormente realizaranse outras probas de atletismo ( carreiras lisas, relevos, salto de altura, salto de lonxitude, lanzamento de peso…).

O horario da xornada de tarde vai dende ás 15:30 ata 19:00 horas. Ao termo deste acto renovaranse as probas de atletismo (substitucións, carreiras…), para concluír coa entrega de medallas e copas ás 19:00 horas.

Para máis información chamar ao 629801887 de Timoteo Figueirido, coordinador e membro do equipo de organización das Olimpíadas Evanxélicas en Galicia.

Nota: Todos os medios de comunicación que o desexen poderán recoller imaxes do evento.