Na cidade da Coruña está previsto o desenvolvemento do programa de España Oramos por ti – Galicia oramos por ti 2017, mediante as seguintes actividades: Almorzo Institucional de oración, marcha, recollida de produtos de hixiene e festival. Ademais ao longo da semana do 22 ao 27 de maio terá lugar unha campaña de doazón de sangue.
Almorzo de oración
O 27 de maio, ás 10.30 h., no Hotel Trip Coruña, en Avda. Ramón e Cajal nº 53, celebrarase un Almorzo institucional de oración. Estarán presentes os líderes evanxélicos máis representativos da nosa Comunidade Autónoma. Esperamos contar tamén coa presenza de autoridades locais e provinciais da Coruña, así como autonómicas. Será un evento espaciado en dous tempos dunha hora aproximada de duración cada un. A primeira parte do almorzo está concibida como un encontro para dialogar sobre asuntos de interese común, en semellanza aos almorzos celebrados noutras nacións. Na segunda parte do programa está previsto ter un tempo para compartir, orar por España, e moi especialmente por Galicia.
Os líderes e pastores que desexen asistir poderán confirmar a súa asistencia enviando un correo á seguinte dirección de correo electrónico: secretario@adenet.org. Para máis información ver www.facebook.com/galiciaoramosporti ou www.españaormaosporti.es
Marcha
Todas as Igrexas Evanxélicas de Galicia están convocadas o 27 de maio ás 17.00 horas á marcha de España oramos por ti. A saída de mesma arrincará da Praza de Ourense e finalizará o percorrido na chaira do Parrote. O acto é moi festivo e alegre, con diversas proclamas e manifestacións coloridas propias da cultura evanxélica.
Según el comité de comité organizador, “al igual que en años anteriores el evento España oramos por ti además de ser un día de oración por esta tierra deseamos que sea una oportunidad para exponer una causa social” . En este año 2017 el tema que elegido para exponer a la ciudadanía trata sobre la Situación actual de los refugiados, se pretende con ello mostrar la realidad sobre ese problema social, a la generación actual, la cual es testigo de lo que está ocurriendo con los refugiados.
Festival
Este ano concluirase España oramos por ti cun gran festival na chaira do Parrote, onde debutará o grupo musical SAL 150. Ademais un grupo de mozos realizará un flashmob e expoñerase toda a información posible sobre a causa social a tratar. A duración do festival será como máximo de dúas horas.
Recollida de produto de hixiene
Os produtos de hixiene que se recollan nesta campaña enviaranse na súa totalidade aos países nos que está a traballar a ONG Remar cos refuxiados..
