500 Aniversario da Reforma en Ferrol

Ferrol clausurou os actos conmemorativos do 500 Aniversario da Reforma

A finalización dos actos de celebración do 500 Aniversario da Reforma tivo lugar o pasado sábado 14 de outubro coa clausura da Exposición itinerante de Biblias da Reforma na sala de Exposicións de AFUNDACIÓN de Ferrol, coa cal e baixo o título “Biblias da Reforma” púidose mostrar desde un punto de vista histórico cultural a valiosa colección. Está exposición que estivo aberta ao visitante dende o día 2 de outubro, conta con máis de 100 exemplares dunha colección histórica de Biblias antigas, códices, primeiras traducións, etc. A entrada á mesma foi libre e gratuíta do mesmo xeito que o foron  o resto de eventos programados para esta conmemoración na cidade de Ferrol. 

A conferencia baixo o título “Historia, influencia e actualidade da Reforma no século XXI” a cargo do xornalista José de Segovia celebrouse o xoves 5 de outubro no Auditorio de AFUNDACIÓN e contou cun aforamento ao completo deste auditorio.

Así mesmo, o venres 6 de outubro tamén no Auditorio de AFUNDACIÓN, o xornalista Marcos Gago estivo a cargo da conferencia titulada “A presenza histórica do protestantismo en Ferrol e a súa comarca”. A continuación Gago realizou unha presentación sobre o libro “Historia da Reforma do século XX”. do pastor protestante suizo e historiador da Reforma Jean Henry Merle D’Aubigne.

Outra das actividades dentro do programa que levaron a cabo o sábado 7 de outubro no Teatro Jofre de Ferrol foi a celebración do Concerto de Coro e Orquestra do 500 aniversario dá Reforma, que contou coa participación de Emilio Lagos como director. O coro está composto por 120 voces e músicos de Galicia no que participaron tres xeracións.