Obradoiro: Redes Sociais e Comunicación na Igrexa

Obradoiro: Redes Sociais e Comunicación na Igrexa: Oportunidades, límites e boas prácticas

Como comunica a nosa igrexa no mundo dixital? Facémolo cun sentido pastoral ou simplemente por inercia técnica?

O obradoiro está organizado pola Coordinadora das Asembleas de Irmáns en Galicia e aberto a todas aquelas persoas que traballen na área da comunicación nas igrexas evanxélicas. Este taller busca afondar no “por que” e no “para que” da nosa presenza nos medios actuais e pretende ser, ao mesmo tempo, un encontro de reflexión e aprendizaxe estratéxica.

Un enfoque pastoral e comunitario

A comunicación non é só unha ferramenta, é parte fundamental da nosa responsabilidade pastoral e do noso testemuño público. Neste encontro, analizaremos como tomar decisións coherentes que reflectisen os valores da nosa comunidade nas redes sociais.

Contaremos como relator con Daniel Hofkamp: Licenciado en Xornalismo con formación teolóxica, actual director de Protestante Digital e do programa evanxelístico Nacer de Novo na Radio Galega.

Contidos principais:

  • O sentido (e os límites) da presenza da igrexa nas redes.
  • Riscos habituais e erros comúns.
  • Boas prácticas: Pautas básicas para unha comunicación efectiva.
  • Organización na igrexa local: Roles, acompañamento e coherencia.
  • Análise de exemplos reais e espazo para o diálogo aberto.

Datos do evento:

  • Data: Sábado, 7 de marzo de 2025.
  • Horario: De 16:00 a 19:00 h.
  • Lugar: Capela Evanxélica na Ramallosa de Teo (Camiño de Chaves 2, Teo, A Coruña).
    • Ver localización en Google Maps

Inscrición e participación:

Podes realizar a túa inscrición a través da seguinte ligazón:

https://www.tickettailor.com/events/coordinadoradelasasambleasdehermanosengalicia/2062169

Para facilitar a organización, é necesario inscribirse antes do luns 2 de marzo. Só precisas traer ganas de aprender e compartir as túas inquietudes.

  • Aportación para gastos: 10 € por persoa (15 € para matrimonios).
  • Conta de ingreso (Santander): ES76 0049 0205 0625 1034 1967
  • Concepto: Indica o teu Nome + Taller RRSS.
  • Titular: Coordinadora das Asembleas de Irmáns en Galicia.

Persoa de contacto: Timoteo F. Woodford, a través de WhatsApp (+34 629 801 887).

¡Agardámoste para construír xuntos unha comunicación que honre a Deus e sirva á nosa sociedade!