Mensaxe de Nadal do Consello Evanxélico de Galicia

O Consello Evanxélico de Galicia (CEG) deséxalles a todos un Feliz Nadal e un próspero Ano Novo 2026.

Conscientes de que vivimos tempos marcados pola incerteza, despedimos un ano máis agradecidos por cada momento especial que nos foi concedido polo Noso Señor. Ao mirar atrás, lembramos con gratitude o don da vida e as bendicións recibidas, recoñecendo a fidelidade de Deus en cada etapa do camiño.

O Nadal é a celebración cristiá na que conmemoramos o nacemento de Xesucristo, o Fillo de Deus, que veu a este mundo para ofrecernos o maior dos agasallos: a salvación e a vida eterna para todo aquel que cre nel. Xesucristo é, e sempre será, a razón e o centro desta celebración.

O noso desexo é que neste Nadal a esperanza renaza nos vosos corazóns, e que a luz que veu ao mundo ilumine as vosas vidas, enchéndoas de alegría, amor e paz.

“…daba grazas a Deus, e falaba do neno a todos os que agardaban a redención…”

Lucas 2:38b

¡Feliz Nadal!

A Xunta do Consello Evanxélico de Galicia