O Consello Evanxélico participa nun encontro do Consello da Cultura Galega

O Consello Evanxélico participa nun encontro que organiza o Consello da Cultura Galega.

Tratase dun encontro para a normalización lingüística, que segundo reflicte na páxina do Consello da Cultura Galega,  son encontros para un espazo de diálogo, información, reflexión e proposición. Está será a súa edición XXVI ENCONTROS PARA A NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA baixo o lema “Vivir e perdurar na lingua”.

O encontro terá lugar o próximo martes 15 de outubro de 2024, na sede do Consello da Cultura galega en Santiago de Compostela.

Neste encontro está programada unha mesa coloquio sobre perspectivas comunitarias na que se tratará o tema da Presenza do galego nos actos funerarios das confesións relixiosas maioritarias. Necesidades proxectos e propostas.

Participarán como invitados

  • A Arquidiocese de Santiago de Compostela
  • A Unión de Comunidades Islámicas de Galicia
  • O Consello Evanxélico de Galicia (CEG)

A Xunta do Consello Evanxélico de Galicia delegou a participación nesta mesa coloquio en José Luis Zapata Vázquez, membro desta xunta e representante de Asembleas de Deus no CEG.

 

A continuación móstrase un enlace para máis información sobre  a presentación e o programa deste encontro:

https://consellodacultura.gal/evento.php?id=201963