Hai 505 anos, o 31 de outubro de 1517 un monxe alemán chamado, Martín Lutero, cravou as chamadas 95 teses contra a venda de indulxencias e demais corrupcións da Igrexa de Roma na porta da igrexa do Castelo de Wittemberg, en Alemaña. Foi ese feito o que deu a orixe ao movemento da Reforma protestante ocasionando unha ruptura co Papa e coa Igrexa católica Romana. A pretensión de Martín Lutero cando cravou as 95 teses, non era crear un cisma, nin unha igrexa nova senón reformar a igrexa á luz da Palabra de Deus, confrontando os abusos da igrexa coas Santas Escrituras.
En Galicia, así como ao longo do territorio español onde se atopan igrexas evanxélicas ou protestantes conmemórase o Día da Reforma, en recordo dun feito que provocou un despestar espiritual que permeó numerosos ámbitos da sociedade, destacando entre outras, a alfabetización da poboación a través da Biblia. As igrexas ou fraternidades de pastores que conmemoran esta efeméride axendan actividades especiais no Día da Reforma, tales como, concertos, exposicións, conferencias ou lecturas públicas da Biblia.
A Federación de Entidades Relixiosas Evanxélicas de España (FEREDE) , xunto con outras entidades protestantes ou evangélicias, solicitaron oficialmente que en España, se recoñecese o 31 de outubro como o Día da Reforma.
Ligazóns de interese sobre a Reforma,
https://protestantedigital.com/camino-a-la-libertad/65559/la-reforma-protestante-impacto-y-valores
https://es.wikipedia.org/wiki/Retratos_de_Lutero_y_Catalina_de_Bora
