Almorzo Institucional celebrado na Coruña con motivo do proxecto España Oramos por ti 2018 en Galicia

O  Consello  Evanxélico de Galicia (CEG) en colaboración coa Comisión Executiva en Galicia do proxecto ESPAÑA ORAMOS POR TI 2018, organizou varios actos de celebración con motivo do programa de actividades do Día nacional de oración incluído no proxecto anual España Oramos por ti, www.espanaoramosporti.es, e en facebook,  Galicia oramos por ti. O primeiro dos actos foi un almorzo institucional.

O sábado, 9 de xuño pola mañá ás 10:30 horas, celebrouse un almorzo institucional no hotel Meliá María Pita, en Avda. Pedro Barrié da Maza 2, A Coruña.  A este evento convidáronse a varias autoridades, entre elas asistiu o conselleiro de Política Social da Xunta de Galicia, Don José Manuel Rey Varela, xunto con outros representantes do ámbito local e comarcal.

Luis Otero, coordinador de EPOT 2018 con José Manuel Rey, conselleiro de Política Social da Xunta de Galicia

Contouse coa participación do representante do  Consello Evanxélico de Galicia, Don Timoteo Figueirido Woodford co tema:”Persecución en Galicia no século XX, unha historia recente”. E coa intervención varios dirixentes da ONG, “Puertas Abertas”, a cal elaborou un informe sobre a Igrexa Perseguida no ano 2018, así coma, co testemuño presencial de varias persoas que sufriron persecución por causa das súas crenzas.
O programa do almorzo desenvolveuse segundo o previsto. Na primeira parte ademais da intervención do pastor Figueirod Woodford, e dos dirixentes da ONG “Puertas Abertas” e doutros testemuños tiveron unhas palabras os representantes políticos.
Por outro lado a segunda parte do programa do programa, cunha duración aproximada dunha hora centrouse na situación actual do pobo español. Reservouse un tempo para a oración por varios temas, entre eles destacar: Petición pola situación laboral xeral, pola diminución do paro e a recuperación económica das familias, por unha repartición máis equitativa e xusta da riqueza. Polo Goberno (central, autonómico, local), os partidos políticos e as súas políticas para que estas sexan con acerto, xustas e bendigan esta nación. Polas familias de España, etc .
Ao almorzo asistiron un numeroso grupo de pastores e líderes das diferentes denominacións  evanxélicas de Galicia que pertencen ao Consello Evanxélico de Galicia.

Pola tarde tivo lugar unha marcha baixo o título “En defensa da Igrexa Perseguida”.

O festival programado con varias actuación na Explanada do Parrote da Coruña, por causas climatolóxicas tivo que suspenderse.

José Manuel Rey, conselleiro de Política Social de la Xunta de Galicia