{"id":302,"date":"2016-05-19T17:18:48","date_gmt":"2016-05-19T15:18:48","guid":{"rendered":"http:\/\/conselloevanxelico.org\/wp\/?page_id=302"},"modified":"2016-06-17T13:07:54","modified_gmt":"2016-06-17T11:07:54","slug":"historia-del-protestantismo-en-galicia","status":"publish","type":"page","link":"https:\/\/conselloevanxelico.org\/gl\/nosotros\/historia-del-protestantismo-en-galicia\/","title":{"rendered":"Historia do Protestantismo en Galicia"},"content":{"rendered":"<p><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00c9 ben sabido por todos que o protestantismo non \u00e9 un movemento relixioso novo, nace no\u00a0s\u00e9culo XVI como revisi\u00f3n do cristianismo cat\u00f3lico romano, pero fundam\u00e9ntase na vida dos\u00a0primeiros cristi\u00e1ns. Pero que sabemos da presenza protestante evanx\u00e9lica en Galicia?<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Historicamente Espa\u00f1a estivo hermeticamente pechada \u00e1s correntes reformistas por s\u00e9culos. E\u00a0\u00e9 por isto que non \u00e9 ata o ano 1875 cando nace a primeira comunidade protestante galega\u00a0estable.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">O protestantismo contou na nosa terra con tres axentes de esparexemento:<img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\" wp-image-569 alignright\" src=\"http:\/\/conselloevanxelico.org\/wp\/wp-content\/uploads\/2016\/05\/galicia.jpeg\" alt=\"galicia\" width=\"217\" height=\"158\" \/><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Antigos protestantes da segunda reforma: eran poucos, pero fixeron un labor, moi relevante\u00a0cualitativamente. Ao retornar do exilio, amparados polos cambios da revoluci\u00f3n de 1868,\u00a0consagraron as s\u00faas vidas ao esparexemento da Biblia e \u00e1 defensa de liberdade de conciencia.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Misioneiros ingleses pertencentes unha\u00a0nova corrente de renovaci\u00f3n espiritual &#8211; os irm\u00e1ns de\u00a0Plymouth -, xurdida na igrexa anglicana, que desenvolveu un movemento a nivel mundial de\u00a0gran resonancia pola maneira e bo quefacer dos seus membros, que se dispuxeron a traballar\u00a0nas zonas de maiores dificultades, entre as que se atopaba a Galicia do s\u00e9culo XIX.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Galegos emigrantes retornados de pa\u00edses tradicionalmente protestantes, como o Reino unido\u00a0ou pa\u00edses onde a difusi\u00f3n do protestantismo desenvolv\u00edase sen dificultade, como Cuba,\u00a0Venezuela ou Francia. Estes retornados volv\u00edan coa Biblia na man e introduciron o\u00a0protestantismo entre os seus familiares e veci\u00f1os, labor no que se apoiaban sobre todo nun\u00a0novo estilo de vida e un comportamento \u00e9tico que non pasaba desapercibido.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Ademais dos tres axentes anteriores mencionados, tam\u00e9n \u00e9\u00a0importante rese\u00f1ar como axente de esparexemento\u00a0a literatura procedente dos portos de Europa, especialmente de Inglaterra.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Todos estes axentes coordinaban as s\u00faas forzas formando equipos de esparexemento da\u00a0Biblia: os co\u00f1ecidos &#8220;colportores&#8221;, axentes das sociedades b\u00edblicas que percorreron toda\u00a0Galicia desde 1870, primeiro a p\u00e9, logo nas primeiras bicicletas que se viron aqu\u00ed -os paisanos\u00a0cham\u00e1banlles &#8220;o demo montado&#8221; &#8211; sen deixar case ningunha parroquia de costa e interior sen\u00a0visitar.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\" wp-image-571 alignleft\" src=\"http:\/\/conselloevanxelico.org\/wp\/wp-content\/uploads\/2016\/05\/Historia-do-protestantismo.jpg\" alt=\"Historia do protestantismo\" width=\"195\" height=\"189\" \/>Ademais os misioneiros dedicaron moitos esforzos ao ensino e a sanidade, tan deficitarios na\u00a0Galicia \u201cdecimon\u00f3nica\u201d. Tivo unha gran repercusi\u00f3n a escola protestante de Mar\u00edn, pero non\u00a0foi a \u00fanica, de feito, en todas as parroquias nas que se alcanzou un grupo estable,\u00a0organiz\u00e1banse clases para nenos e adultos; nos galegos que se convert\u00edan ao protestantismo\u00a0xer\u00e1base un fondo e profundo desexo de ler a Biblia persoalmente e isto estimulaba os\u00a0desexos de aprender a ler. Pero as escolas protestantes eran libres e gratu\u00edtas tam\u00e9n para\u00a0todos, independentemente da s\u00faa confesi\u00f3n xa que isto era entendido como un servizo \u00e1\u00a0comunidade. Igualmente suced\u00eda na \u00e1rea sanitaria, na que se esforzaban por transmitir\u00a0educaci\u00f3n sanitaria preventiva.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Como consecuencia deste traballo realizado establec\u00e9ronse puntos estables de comunidades\u00a0protestantes como por exemplo: A Coru\u00f1a (1875), Ferrol (1876), Vigo (1878), Mar\u00edn (1882),\u00a0San Clodio (1885), etc&#8230; xa no s\u00e9culo XX Ares (1916), Celanova (1936)&#8230; todos estes son tan s\u00f3\u00a0unha mostra daquelas comunidades pioneiras que se mantiveron no tempo ata alcanzar, hoxe\u00a0en d\u00eda, algo m\u00e1is de 200 comunidades.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">O franquismo supuxo unha severa dificultade para o protestantismo galego: a maior\u00eda das\u00a0igrexas foron pechadas nos primeiros tempos e os seus membros perseguidos. O desexo de\u00a0alcanzar o reco\u00f1ecemento dos dereitos fundamentais de liberdade de pensamento, de\u00a0conciencia e de culto &#8211; demandado por unha escasa minor\u00eda da poboaci\u00f3n- chocaba de fronte\u00a0cun sistema pol\u00edtico-ideol\u00f3xico que negaba a diversidade como dereito.\u00a0As\u00ed, a pugna era inevitable. A actitude dos evanx\u00e9licos foi a da resistencia pasiva, sen deixar de\u00a0reclamar os seus dereitos e a s\u00faa liberdade de conciencia, pero dunha maneira non\u00a0belixerante. Moitos optaron pola emigraci\u00f3n.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A emigraci\u00f3n foi o motivo polo cal alg\u00fans destes n\u00facleos desapareceron, como foi o caso entre outros de\u00a0Celanova\u00a0ou\u00a0Ribadavia.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Novos ventos sopraron para os protestantes galegos coa chegada da democracia a finais dos\u00a0anos setenta. Na d\u00e9cada dos anos 80 coa promulgaci\u00f3n\u00a0tan esperada Lei de Liberdade Relixiosa e m\u00e1is concretamente no ano\u00a01986 cando se\u00a0constit\u00fae a Federaci\u00f3n de Entidades Relixiosas Evanx\u00e9licas de Espa\u00f1a (FEREDE). O d\u00eda 10 de\u00a0Novembro de 1992, aparecen no Bolet\u00edn Oficial do Estado os Acordos de Cooperaci\u00f3n do\u00a0estado coa FEREDE, despois de reco\u00f1ecerlle ao protestantismo espa\u00f1ol un &#8220;notorio\u00a0arraigamento&#8221;.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Desde a publicaci\u00f3n da citada norma e como consecuencia da organizaci\u00f3n do territorio\u00a0espa\u00f1ol e a vertebraci\u00f3n dos poderes p\u00fablicos comezouse un proceso de constituci\u00f3n de\u00a0consellos evanx\u00e9licos auton\u00f3micos que agrupaban \u00e1s igrexas da FEREDE <a href=\"http:\/\/www.ferede.org\">www.ferede.org<\/a>, das\u00a0comunidades auton\u00f3micas para materializar o esp\u00edrito de colaboraci\u00f3n cos poderes p\u00fablicos\u00a0no relacionado coas competencias auton\u00f3micas.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00c9 as\u00ed que nace no ano 1997 o Consello Evanx\u00e9lico de Galicia, \u00f3rgano que traballa desde ent\u00f3n\u00a0para completar a normalidade relixiosa na nosa Galicia.<\/p>\n<p><\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>\u00c9 ben sabido por todos que o protestantismo non \u00e9 un movemento relixioso novo, nace no\u00a0s\u00e9culo XVI como revisi\u00f3n do cristianismo cat\u00f3lico romano, pero fundam\u00e9ntase [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":6,"featured_media":0,"parent":286,"menu_order":4,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","template":"","meta":{"footnotes":""},"class_list":["post-302","page","type-page","status-publish","hentry"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/conselloevanxelico.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/302","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/conselloevanxelico.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pages"}],"about":[{"href":"https:\/\/conselloevanxelico.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/page"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/conselloevanxelico.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/6"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/conselloevanxelico.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=302"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/conselloevanxelico.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/302\/revisions"}],"up":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/conselloevanxelico.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/286"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/conselloevanxelico.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=302"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}